Unha vez máis, volvemos contar coa visita de Benxamín Novoa.
Esta vez tocoulle a quenda aos nenos e nenas de Infantil 5 anos e 1º de Primaria.
Cos máis pequenos falaron do ratiño Pérez e os dentes, raíñas, príncipes e bruxas.
Tamén inventaron un conto.
Agora a rapazada de 1º.
Pasaron un bo intre falando de monstros.
Sabedes que os nenos e nenas non son os culpables de que cando se poñen en fila ao tocar o timbre, armen balbordo?.
Toda a culpa tena o MONSTRO DO RECREO, que lles obriga a vir correndo.
E as profes rifándolles por non estar tranquiliños na fila....
Así, que mamis e papis, xa sabedes, a culpa son dos diferentes monstros que nos obrigan a facer falcatruadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario