jueves, 10 de mayo de 2018




Resultado de imagen de cantares gallegos







A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro                " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.


"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...


Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.

A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.

O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro. 




LETRAS   GALEGAS

María Victoria Moreno Márquez

María Victoria Moreno Márquez naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura. María Victoria Moreno é a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.

Dende o Ceip De Rubiáns achégannos uns xogos sobre a autora, preme na imaxe e aprende xogando:







No hay comentarios:

Publicar un comentario