Como este ano o tema que estamos a traballar son as marabillas do mundo, na entrada principal do cole, a rapazada pode ler como se celebra a festa do Nadal en diferentes partes do mundo e tamén moitas curiosidades.
FESTIVAL DAS LUCES:
O alumnado de 1º e 2º de primaria celebraron unha festa típica da India, o DIWALI, a festa dás luces. Que se celebra entre outubro/novembro pero que se semella ao noso Nadal polas luces e polos agasallos.
ANKUR, un neno de 2º, explicounos algunhas curiosidades sobre esta festa.
É un festival que dura 5 días, todas as casas se iluminan con lámpadas ou velas.
Hai costume de facer agasallos de todo tipo, dende doces ata electrodomésticos.
Adoitan facer envoltorios moi coloridos.
Durante este festival tamén se reza para a prosperidade no futuro, polo cal os fieis reverencian a Lakshmi, a deusa da fortuna , e a Ganesha, deidade con cabeza de elefante, que é considerada portadora da sorte.
Os nenos e nenas de 3º, tamén fixeron un traballo de información documental de como se celebra o Nadal en diferentes países.
No hay comentarios:
Publicar un comentario