sábado, 2 de febrero de 2019

VOANDO LONXE

Polo día da paz,dende a biblioteca, propuxemos a idea de que cada neno e nena, decorara unha pomba cunha palabra ou frase relacionada coa paz.




 



Despois as deixaremos en diferentes establecementos da zona do cole e arredores.





A idea é que cada vez que atopedes a pomba, a agasalledes a alguén e lle saque unha foto para ver ata onde chegan as nosas pombas.
A foto será subida as redes sociais cos seguintes hashtags:



#astortolasdopombal
#bibliotecacastelao
#equipobibliotecaceipopombal


QUE COMENCE A AVENTURA!!!






Algunhas das nosas pombas viaxeiras xa están recorrendo diferentes lugares. 

Para poder velas voar , pincha na foto das "Pombas viaxeiras" na barra lateral do blog.













viernes, 1 de febrero de 2019

OBRADOIROS DE BANDA DESEÑADA

Todo un éxito os obradoiros de cómic e de manga.

Os nenos e nenas desexando repetir e....máis dunha mestra tamén.

Nestes vídeos podedes ver un pouquiño desta actividade.














Estes son algúns cómics feitos polo noso alumnado.






























jueves, 31 de enero de 2019

A XACIA LUVIÑAS

 Rematamos o mes de xaneiro, cunha visita moi especial.Os nenos e nenas de 1º de primaria, tiveron a sorte de pasar un bo rato coa Xacia Luviñas e máis Anxo Moure.
No seguinte vídeo, podedes ver a de cousas que aprenderon sobre o coidado da natureza.






QUEDADA LITERARIA

Xa tivemos no noso cole, a primeira xuntanza para organizar a VI Quedada Literaria que terá lugar no Parque de Castrelos no mes de maio.
Este ano estamos anotados 12 coles, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello e como viñemos facendo ata agora, a Biblioteca Neira Vilas participará no acto de clausura.
Xa vos iremos contando.


















HORA DE LER

Alumnado de Inf. 4 anos B.











martes, 29 de enero de 2019

MALETAS VIAXEIRAS

Aquí vos deixo unha foto dun comentario que puxeron no Caderno de Bitácora un neno de 3º de primaria.
Así da gusto traballar !!!   GRAZAS













































sábado, 19 de enero de 2019

BANDA DESEÑADA

VIII SEMANA DO CÓMIC










Nas mesas da biblioteca hai colocadas diferentes actividades para traballar o cómic.





Como levamos facendo nestes dous últimos anos,imos ter na biblioteca uns obradoiros de banda deseñada.
A novidade este ano é que os máis peques do cole tamén van facer o seu cómic.

Para os nenos e nenas de 4 e 5 anos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria; será Jorge Campos o encargado de acercar ao noso alumnado ao mundo da banda deseñada.




 

O autor de Alter.Nativo, volve de novo ao noso cole, cando está a piques de rematar o seu próximo proxecto: "Maestra en apuros".









Para o alumnado de de 4º, 5º e 6º de primaria, Daniel Docampo, voltará ao cole para dar un obradoiro de Manga.


























martes, 15 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

LIBROS SOBRE A PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz.
Na biblioteca, puxemos unha exposición de libros e Unidades Didácticas para traballar este día.






lunes, 14 de enero de 2019

NÓS TAMÉN CONTAMOS



Esta semana , a maleta "NÓS TAMÉN CONTAMOS", xa empezou a viaxar por todas as aulas do noso cole.
Estará unha semana en cada clase.
Nela, poderán ver os libros feitos por todo o alumnado a final de cada curso, onde se recollen  os traballos relacionados co tema elexido cada ano: A ciencia, Os contos, As marabillas do mundo, ...

domingo, 13 de enero de 2019

REBAIXAS


COMENZAN AS REBAIXAS

Do: 14 de xaneiro
Ao: 1 de febreiro





Cada vez que vaiades a biblioteca, podedes levar dous libros en vez de un.




sábado, 22 de diciembre de 2018

ARTIGO SOBRE O NOSO COLE

Na Revista Galega do Ensino, publicaron un artigo sobre o noso cole escrito por un profe que estivo traballando no Pombal .
Se queres lelo, preme na imaxe.








jueves, 20 de diciembre de 2018

LIBROS AGASALLO DE NADAL

No 2º trimestre, os nenos e nenas lerán dous libros.
Xa nos puxemos en contacto coas editoriais e ofrécennos varias sesións de animación á lectura (encontros con ilustradores, autores e contacontos).
Parécenos estas datas unha boa ocasión para pedir estes libros como agasallo.




Aquí tendes os elexidos:



1º PRIMARIA:







2º PRIMARIA:

DESCATALOGADO
Solucionaremos á volta das vacacións


















Novo libro elexido:  




3º PRIMARIA:



















4º PRIMARIA:


















5º PRIMARIA:



















6º PRIMARIA: