Nas mesas da biblioteca hai colocadas diferentes actividades para traballar o cómic.
Como levamos facendo nestes dous últimos anos,imos ter na biblioteca uns obradoiros de banda deseñada.
A novidade este ano é que os máis peques do cole tamén van facer o seu cómic.
Para os nenos e nenas de 4 e 5 anos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria; será Jorge Campos o encargado de acercar ao noso alumnado ao mundo da banda deseñada.
O autor de Alter.Nativo, volve de novo ao noso cole, cando está a piques de rematar o seu próximo proxecto: "Maestra en apuros".
Para o alumnado de de 4º, 5º e 6º de primaria, Daniel Docampo, voltará ao cole para dar un obradoiro de Manga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario