O ano 2025 foi declarado "Ano Castelao" co motivo do 75 aniversario da morte do escritor.
Como todos e todas sabedes, a biblioteca leva o seu nome, polo que quixemos facer unha exposición ( con cousas aportadas polas familias) para facer un pequeno recoñecemento á vida e obra deste escritor galego.
Como algo moi especial, unha familia prestounos un cuadro orixinal feito por Castelao no ano 1945.
Tamén como traballo conxunto de todo o cole, fixemos un monográfico sobre Castelao.
No seguinte vídeo podedes ver algúns apartados que se traballaron.
PREMEDE NA IMAXE
Dende Rosalía ata as Cantareiras
Rosalía de Castro: A Poetisa do Sentimento
Os seus versos, cheos de emoción e reflexión, continúan a emocionar e inspirar a aquelas persoas que aman a lingua galega e a súa rica tradición literaria.
Francisca Herrera Garrido: Abrindo camiños
Francisca Herrera Garrido abriu camiño para as mulleres na literatura. Ao ser a primeira en recibir este recoñecemento despois de Rosalía, demostrou que a súa voz era digna de ocupar un lugar destacado na rica historia literaria de Galicia.
María Mariño: A Escritora da Terra e do Mar
María Mariño, cunha conexión íntima coa terra e o mar galegos, deixou unha pegada única na nosa literatura. A súa capacidade para retratar a beleza e a dureza da nosa paisaxe é un testamento á súa maestría literaria.
María Victoria Moreno: A Narradora Infatigable
Lembramos tamén a María Victoria Moreno, unha narradora infatigable que amou e defendeu a nosa lingua coa súa pluma. A súa obra diversa e comprometida é unha fonte de orgullo para a literatura galega.
Xela Arias: A Poetisa da Palabra Libérrima
Xela Arias, coa súa poesía revolucionaria e comprometida, logrou liberar a palabra galega e situar a lingua no corazón da súa obra. A súa poesía é unha oda á liberdade e á identidade galega.
Luísa Villalta: Entre Versos e Escenarios
Luísa Villalta, coa súa paixón polo teatro e a poesía, marcou un antes e un despois no panorama cultural galego. A súa obra teatral, comprometida e vangardista, non só entretén, senón que tamén fai reflexionar e despertar conciencias.
As Cantareiras: Alma e tradición
Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir. Unha tradición centenaria que segue a deixar pegada nas novas xeracións.
Poñemos en valor, polo tanto, o legado das excepcionais mulleres homenaxeadas das nosas Letras, dende Rosalía de Castro ata as Cantareiras. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura, na música e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura.

Traballamos as Cantareiras
Co alumnado alumnado de Infantil 5 anos e 4º de primaria, rematamos as visitas á biblioteca X. Neira Vilas por este curso.
Graciñas a Mar e a Noelia polas súas sesións de contacontos.
Inf. 5 anos:
4º de Primaria:
E rematamos a semana celebrando a festa dos Maios e Das Letras Galegas con actuacións do noso alumnado.
Podedes ver máis actuacións no blog do EDL. Déixovos o enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario