O mércores 23 celebramos o Día do Libro.
Como vimos facendo dende hai anos, e sendo unha das actividades que máis solicita o noso alumnado, fixemos os padriños lectores.
Como vimos facendo dende hai anos, e sendo unha das actividades que máis solicita o noso alumnado, fixemos os padriños lectores.
Antes das vacacións, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º foron coñecer aos seus afillados.
Despois de falar un pouco sobre os libros que máis lles gustan, baixaron á biblio para poder levar emprestados os libros e preparar nas vacacións as lecturas.
Así de ben o fixeron.
Os nenos e nenas de 5º quixeron facer unhas recomendacións de libros.
Tamén contamos con outra estrela no noso paseo da fama, a de ANDREA GARCÍA que pasou un bo rato co alumnado de 5º de primaria.
Ensinoulles a debuxar algúns personaxes do seu libro "Animais fantásticos de aldea".
E con esta entrada, damos por rematados os retos deste curso.
Pronto teredes novas ....

No hay comentarios:
Publicar un comentario