Esta semana tocou saír do cole.
A rapazada de infantil 4 anos visitou a biblioteca de proximidade X. Neira Vilas.
Alí léronlles un conto onde comparaban as diferenzas en como se le nun libro e como se le nun aparato electrónico.
Tamén co conto "Isto non é un libro" aprenderon as diferentes partes dun libro.
É certo que as lebres rouban libros?... Outro conto onde ninguén se espera o seu desenlace.
Como actividade final, decoraron letras relacionadas co título de diferentes contos (despois de escoitar unha lectura que falaba do abecedario).
Como centro integrado no PLAMBE, á coordinadora tocoulle ir a Santiago aos Encontros de Bibliotecas Escolares, que este curso cumple 20 anos dende a súa posta en marcha.
Temos que agradecer todos os cartos que nos asignaron estes 19 anos que levamos no PLAMBE xa que sin esta dotación económica non poderiamos facer realidade a biblioteca que temos neste momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario