domingo, 20 de octubre de 2024

QUENTANDO MOTORES



Xa estamos aquí de novo!

Que tal o comenzo de curso? Espero que ben. Nós estamos cos preparativos da inauguración da biblio, que como sabedes, sempre abrimos o 24 de outubro, coincidindo co Día da Bibliotecas Escolares.

Este ano temos algunhas novidades, xa que retomamos algunhas actividades que deixaramos de facer, como o club de lectura para o alumnado de 5º de primaria e os/as axudantes bibliotecarios.

Xa vos iremos contando pouco a pouco.

Agora rematando pequenas cousiñas que temos pendentes e o xoves , o Rato Pérez e máis eu (Castelao) esperamos veros de novo na biblio.

AHHHH!!! supoño que vendo a decoración que hai polo cole, xa saberedes o tema que imos traballar este curso...

Moi ben!!! Hábitos saudables; así que... "Pombaleiros/as en forma".


     










No hay comentarios:

Publicar un comentario