Esta semana tivemos a gran sorte de contar coa visita do escritor Ramón Romero, que acompañou na biblio do cole aos nenos e nenas de 1º de primaria e faloulles do seu libro "A abelliña que perdeu as ás".
Unha mañá, cando está a piques de ir apañar pole coa súa cestiña, a pequena abella decátase de que perdeu as ás. Onde as puido deixar? Un conto en verso sobre unha adorable abelliña, algo despistada.
Ramón, ademais de ser escritor, é libreiro e xornalista. Se queredes saber un pouco máis sobre él.... https://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Romero_Nogueira
Moi sorrinte e simpático contounos que xa escribía aos 10 anos e presentounos o seu libro, asinando con dedicatorias os nosos exemplares.
Xa gañou un lugar no noso particular "paseo da fama".
No hay comentarios:
Publicar un comentario