Como vén sendo habitual na semana da prensa terminámola montando o noso quiosco.
Este ano como novidade batemos un récord de venda, 125 xornais!
Esgotáronse moi cedo e o alumnado de 5° e 6° de Primaria xunto cos nenos/as de 3 anos de Infantil non puideron levar o xornal para as súas casas.
Pero non hai problema xa que para a semana que vén vólvese montar o quiosco para este alumnado.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario