jueves, 19 de enero de 2023

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, orientado aos nenos e nenas galegos con idades comprendidas nestas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes.

Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

Premios para cada unha das categorías:
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros

Entrega: Preferiblemente por vía electrónica a través dunha solicitude dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal

O código da solicitude é PR775A. Tamén se pode entregar presencialmente.

O prazo para presentar os relatos estará aberto ata o 17 de febreiro de 2023

 Documentación que tes que entregar:

1. Presentación electrónica:

a) O texto do conto. Este arquivo nomearase co título do conto e co pseudónimo da persoa autora.

b) Unha copia do libro de familia onde consten o nome, os apelidos e a idade do/da menor que se presenta ao concurso.

c) Solicitude: https://sede.xunta.gal co código PR775A.

2. Presentación presencial:

a) Un sobre tamaño folio pechado, coa seguinte inscrición: Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, acompañado do pseudónimo e o título do conto. Este sobre incluirá o texto do conto en folio formato A4.

b) Unha copia do libro de familia onde consten os datos de nome, apelidos e idade do/a menor que se presenta ao concurso.

c) Solicitude: https://sede.xunta.gal co código PR775A. Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2023

 Animádevos a participar! 

 Convidámosvos a que visitedes tamén o blogue de normalización lingüística:

http://medrandocoanosalingua.blogspot.com/?m=1

No hay comentarios:

Publicar un comentario