Aquí vos deixamos todos os traballos feitos durante o mes de marzo.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA:
Comenzamos esta entrada con diferentes vídeos feitos polo alumnado para traballar o 8 de marzo.
2º A
3º B
4º A
SEMANA DA PRENSA
O venres día 11de marzo rematamos a semana da prensa facendo o noso particular quiosco, onde os nenos e nenas poideron mercar o seu xornal.
Entre todas as aulas, fixemos un xornal coas diferentes seccións .
Aquí podedes lelo en formato dixital.
Despois de traballar buscando información sobre escritores e escritoras galegas, este foi o resultado.
Moi bo traballo.
PEPE CARREIRO
ANIMACIÓNS
Ana Alonso:
O venres 25 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de primaria, tiveron a oportunidade de pasar un ratiño coa escritora do libro "Los 3 peregrinos".
Despois de explicarlles como xurdira a idea de escribilo, a rapazada fíxolles un montón de preguntas.
DÍA DA POESÍA
Chegou a primavera e a piques de rematar o mes de marzo, fixemos un concurso: o de poesía.
Ao 2º día de poñelo, xa tiñamos o buzón cheíño.
Na próxima entrada, xa poremos as poesías gañadoras.
A última actividade deste mes a deixamos para o alumnado de 4º de primaria, que despois de dous anos sen poder facer a festa da Reconquistiña, este ano poideron ir vestidos de franceses e de vigueses/as e celebrar esta festa polo Casco Vello de Vigo.
Tamén traballaron o libro "Cíes e Roque: Operación Reconquista"
E voltamos aos Encontros de Bibliotecas Escolares en Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario