Xa é venres!
Esta semana imos propoñervos que vos convertades en directores e directoras.
Como imos ter uns días de vacacións, convidámosvos a que gravedes un documental.
Estes son os dous temas que podedes elixir:
- "A CINEMA DA MIÑA VIDA"
Neste documental tendes que entrevistar a algún familiar e que vos conten cando foi a primeira vez que foron ao cine, que película viron, canto costaba...
- " NON PODERÁ CONNOSCO"
Esta vez os protagonistas sodes vós.
Tedes que contarnos como estades a vivir esta situación de pandemia.
Que é o mellor, o peor, como vos sentides...
Podedes mandarnos os vosos documentais (DATA LÍMITE VENRES 19 DE MARZO) ao correo da biblio:
bibliopombalcastelao@gmail.com
Os publicaremos no blog no mes de marzo, cando traballemos a semana da prensa.
Agora, para rematar, lembrarvos que ...
O 14 de Febreiro celébrase o Día de San Valentín.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de libros que tratan o tema do amor.
AGARDAMOS OS VOSOS DOCUMENTAIS !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario