Eu quedo na casa/ Semana do Libro
Ola a todas e todos.
O vindeiro xoves 23 de Abril celébrase o Día Mundial do Libro, así que queremos propoñervos que participedes dende a casa a través da lectura en vídeo ou audio dun dos libros que máis vos gusten ou que teñades na casa.
Podedes pedir axuda ás vosas familias, todos podemos participar!!!.
Compartimos con vós algúns dos libros preferidos da vosa biblio en PDF, que podedes ler nas vosas pantallas.
Xa sabemos que aínda faltan uns días....pero así tedes tempo para practicalos antes de gravalos.
Animádevos e compartídeos con nós antes do 22 de abril a través do noso correo: bibliopombalcastelao@gmail.com
Moitas grazas!
Samuel, los vídeos los tienes que mandar al correo de la biblioteca (bibliopombalcastelao@gmail.com) y las profes lo subimos.
ResponderEliminarGracias