Unha imaxe vale máis ca 1000 palabras.
Lucía e Xoán atoparon para a hora do recreo, un bo amigo para divertirse.
miércoles, 7 de noviembre de 2018
MAGOSTO
É tempo de castañas...
REGUEIFAS NO POMBAL:
CANCIÓN DO MAGOSTO:
VÍDEO:
UNIDADES PARA TRABALLA-LO CONTO:
RECURSOS:
viernes, 26 de octubre de 2018
INAUGURACIÓN
A semana do 23 de outubro ao 26, inauguramos a nosa biblioteca.
Este ano, o tema elexido son os nosos bosques e a natureza: "NO POMBAL, LEMOS EN VERDE".
Por iso, todas as zonas preto da biblioteca están decoradas con esta temática.
Dentro da biblioteca xa estaba todo preparado agardando polos nosos nenos e nenas.
As mochilas viaxeiras con un montón de novidades e Castelao e o Rato Pérez impacientes porque chegara este día.
| PAPEL DE AGASALLO FEITO CON ALGODÓN DE ROUPA RECICLADA |
| LIBROS CON TEMÁTICA DA NATUREZA, RECICLAXE... |
Este ano temos algunha novidade.
O Rato Pérez elexiu a nosa biblioteca para quedar a durmir aquí, xa que pola noite ten moito traballo recollendo dentes.
Outra novidade é a maleta "NÓS TAMÉN CONTAMOS". Nela están todos os libros que recopilan o traballo feito polos nenos e nenas estes últimos anos na biblioteca.
Esta maleta pasará por todas as aulas para que poidan ver todos estes traballos.
Este ano teremos moi presente o coidado dos nosos bosque e en especial a reciclaxe.
O día da inauguración , poideron ver unha bolsa feita con roupa reciclada e que si a plantamos nace unha gramínia.
Aos nenos e nenas chamoulles moitísimo a atención, como de algo que non serve, se lle pode dar outra "vida".
O primeiro día que baixaron os nenos e as nenas a biblioteca, xa fixemos a formación de usuarios.
Este ano quixemos facer fincapé na figura de Castelao, polo que nos centramos un pouquiño máis na vida deste escritor.
No cole, cada neno e nena que quixo, puido "adoptar" un carballo para levalo a súa casa.
As landras foron plantadas o curso pasado en diferentes semilleiros para repoboar os os bosques despois dos incendios que houbo na nosa cidade e arredores.
Como sobraron moitos carballos, déuselle a opción aos nosos nenos e nenas que os "adoptaran."
jueves, 25 de octubre de 2018
SAMAÍN
Tempo de pantasmas, bruxas e cabazas. Na biblioteca puxemos algúns libros de medo e unidades didácticas para traballar o Samaín e a festa das cabazas.
LIBROS:
PÁXINAS DE INTERESE:
miércoles, 26 de septiembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















