viernes, 7 de febrero de 2025

MULLERES E NENAS NA CIENCIA

 


Aquí vos deixamos as respostas ao desafío anterior. Sei que aos maiores costouvos un pouquiño, pero soubéchedes moi ben a quen preguntar!!!






Imos a polo...










Xa sabedes, respostas con nome e curso dentro do buzón que está na porta da biblio.



E agora ....


Foron e son moitas as mulleres que xogan un papel moi importante nos avances científicos.
En homenaxe a todas elas, na biblio puxemos unha pequena exposición de libros con esta temática.
Tamén moita información para poder facer as actividades e diferentes xogos de investigación.











E rematamos esta entrada animándovos a escoitar as novas gravación da radio do cole. Para escoitala, tendes que entrar nesta icona. (lateral esquerda do blog)














viernes, 31 de enero de 2025

PAZ

No expositor da biblio, puxemos algún libro para traballar o Día Escolar pola Paz, que se celebra o 30 de xaneiro.
Tamén colocamos algunhas actividades para facer relacionadas con este día.


Como vimos facendo estes últimos anos, o día 30 facemos unha marcha pola Paz.
Cada neno/a teñen uns patrocinadores. Cos cartos recaudados, doámolos a unha asociación.
Este ano quixemos colaborar con Bicos de Papel (asociación que traballa para axudar aos nenos/as con cancro).
Aquí vos deixamos algúns traballos que fixeron os maiores do cole para explicarlles aos máis pequenos un pouco sobre esta asociación.


                    




O día da marcha, o mal tempo deunos unha tregua. Aquí temos ao noso alumnado dándoo todo.












Tamén decoramos o cole con diferentes murais feitos polo alumnado.









Como centro Plurilingüe , na aula de inglés tamén fixeron estes murais:
















E fixemos diferentes actividades nas aulas.









Obradoiro de chapas: