viernes, 24 de enero de 2025

DESAFÍO 2

 Unha semana máis con todos e todas vós. 

Imos deixarvos as respostas dos DESAFÍOS 1.









Que tal? Foi moi difícil atopar a solución?


 Pois agora.....








Lembrade poñer no buzón que está na entrada da biblio a resposta con nome e curso.

Veña, a exercitar ese cerebro!!!!










lunes, 20 de enero de 2025

ACTIVIDADES VARIAS

Aquí vos deixamos algunhas imaxes de diferentes momentos na   biblio do cole.

Lecturas no recreo:



Obradoiro de microrrelatos de medo:



Aquí vos deixamos unha presentación en CANVA dun microrrelato.


Xogos de mesa:






Atoparán algunha estrela ou están a espiar a alguén?



Lemos e charlamos:



Tamén a nosa cortiza de recomendacións vai aumentando.







ESTADE MOI ATENTOS E ATENTAS, QUE ESTE VENRES PUBLICAREMOS A RESPOSTA DO RETO NÚMERO 1 E POREMOS O SEGUNDO RETO!!!











viernes, 10 de enero de 2025

DESAFÍOS

Xa estamos de volta das vacacións do Nadal. 
Espero que descansárades moito e veñades cargadiños e cargadiñas de enerxía.
Para ver que tal tendes en forma eses cerebros, aquí vos deixamos uns desafíos. 
Coma sempre, tendes que deixar as respostas co nome e o curso no buzón que deixamos na entrada da biblio.

A ver quen consigue colocarse no número 1 no podium de participantes.





INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA





3º,4º,5º E 6º DE PRIMARIA













viernes, 20 de diciembre de 2024

VACACIÓNS DE NADAL

Despois dun trimestre moi longo, tocan unhas merecidas vacacións. 
Como sabedes, por estas datas sempre eleximos dous libros dentro do Itinerario Lector do cole.
Lembrade que tendes que traelos á volta das vacacións (8 de xaneiro) para poder empezar a traballar con eles.
Teremos visitas dos autores, ilustradores ou animacións deses libros; polo que os recomendo que llos pidades aos Reis para que así volos poidan asinar cando veñan ao cole e vos fagades coa vosa pequena biblioteca de libros asinados.

Os libros elexidos son :














 OS BOOKSTELAOS

E xa que nas vacacións temos moito tempo, aquí temos algunhas recomendacións de diferentes libros que nos fan nenos e nenas do cole.
E xa sabedes ... "Se queres saber o que pasa, lévao para a túa casa"


CURSO 24/25


   

















E agora, aquí vos deixamos uns xogos relacionados co tema elexido este curso: "Pombaleiros/as en forma"



XOGOS DEPORTES E ALIMENTACIÓN SAUDABLE



QUERES SER MILLONARIO? DEPORTES

 


CRUCIGRAMA ATLETISMO

  


BUSCA AS PARELLAS DEPORTIVAS

 


DESCUBRE A IMAXE AGOCHADA

  

 
SOPA DE LETRAS SAUDABLE

 


QUEBRACABEZAS

  











 


 











E para rematar esta entrada, deixámosvos  outro programa de radio que podedes escoitar no apartado de RADIO POMBAL CASTELAO ( buscade este logo na barra lateral esquerda).









jueves, 5 de diciembre de 2024

CHEGOU O NADAL

Chegou o Nadal á biblio, e xa temos unha morea de cousas novas para xogar, ler...











Aquí vos deixamos a programación deste mes de Nadal no Pombal !!!



lunes, 2 de diciembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

O Día Internacional das Persoas con Discapadidade foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

As persoas con discapacidade son a minoría máis ampla no mundo, e adoitan ter máis dificultades que outros colectivos en todos os niveis, abrigo no acceso á educación, ao mercado laboral, e dificultades económicas.








Na biblio  tamén temos estes libros:


SOFÍA LA GOLONDRINA:



LOLA LA LOBA:










Aquí vos deixamos uns poemas feitos polo alumnado de 5º B.



Vídeos de contos con temática de discapacidade (preme na imaxe)