martes, 16 de noviembre de 2021

MAGOSTO

Co mes de novembro chegan as castañas, así que o venres día 12, celebramos o magosto no cole. Agora imos ver unha mostra das nosas castañas  Pombaleiras.


As caixas tamén quedaron moi bonitas decoradas con motivos do Camiño de Santiago.


Mirade, mirade...








                 


                             


Tamén fixeron uns cucuruchos do máis orixinais:










viernes, 12 de noviembre de 2021

RECREOS BIBLIOTECARIOS

Pouco a pouco empezamos a retomar as actividades que quedaran apartadas pola COVID. Unha delas son os RECREOS BIBLIOTECARIOS.

Estes realízanse na hora do recreo, na biblioteca do noso cole. Este ano para separar os grupos burbulla facémolo por nivel, comenzando por 4º de primaria (a semana pasada 4ºA e esta 4º B). 

Dentro dos recreos bibliotecarios temos un día adicado ao CLUB DE LECTURA que este ano, en vez de un, facemos dous. Un para os nenos e nenas de 5º e outro para a rapazada de 6º.

A semana a organizamos deste xeito:


LUNS (xogos de mesa e lectura libre):



 

                                                                                         

MARTES
 (pasatempos e lectura libre):

















                                                 



MÉRCORES (clubs de lectura):


Sabedes o que é un club de lectura?

Trátase dun club formado por alumnas e alumnos que se inscriben e que teñen en común a súa paixón por ler.


Xuntarase nos recreos e na Hora de Ler para traballar nun trimestre un libro en galego, noutro un en castelán e no último un libro en inglés ou francés.


                                  


                   
                                                            




                               

O primeiro día fixeron un pasaporte de lectura que será selada cada semana para obter a "Credencial Pombaliana".



Estes son os libros elexidos neste trimestre:



5º PRIMARIA

AGASALLO DUN MARCAPÁXINAS


6º PRIMARIA
 




XOVES (papiroflexia e lectura libre):


                    

           



  




VENRES (debuxo e escritura creativa; lectura libre):


 


                           









lunes, 8 de noviembre de 2021

MAGOSTO

Xa estamos en novembro e imos festexar unha tradición moi popular en Galicia: O Magosto.

Na entrada do cole puxemos unha pequena expoisición de libros con esta temática e tamén diferentes unidades didácticas.

Pasádevos polo blog do EDLG do cole para ver saber máis sobre esta festa.
Só tendes que premer na seguinte imaxe






Este mes, tamén e o mes da Ciencia, polo que podedes coller libros de experimentos, inventos ...





Atentos as redes sociais ( Twitter e Instagram) pois ao longo do mes publicaremos os experimentos que estades facendo polas aulas.


No blog da Asesoría de Bibliotecas, tendes moita información interesante.