Que tal de vacacións de Nadal?. Nos seguimos preparando a biblio, a verdade é que nos está levando mais tempo do que pensabamos, pero seguimos a traballar. No expositor que está ao lado da porta da biblioteca, puxemos un montón de libros relacionados coa temática deste curso "As nosas tradicións", para que poidades traballar con eles nas aulas.
Tamén nos puxemos en contacto coas editoriais para poñer datas das visitas dos diferentes autores, ilustradores e animacións que virán a visitarnos.
Antes das vacacións de Nadal, xa se reuniu o club de lectura para elexir o libro que van traballar . Este é o que escolleron.
Como en anos anteriores, dentro do Proxecto Lector da nosa escola, traballarase con dous libros (itinerarios lectores). Trátase de fomentar o desfrute da lectura e polo tanto ampliar a competencia lingüística do noso alumnado.
Aquí tendes os libros elexidos este ano e que empezaremos a traballar á volta de vacacións de Nadal.
Seguindo co tema das tradicións, ahí tendes un enlace onde podedes traballar tradicións do Nadal como cantar os Reis, cantos e contos de Nadal, gastronomía...
Xa empezaron as visitas á Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas. Aquí temos aos nenos e nenas da clase de 5 anos B traballando contos diversos sobre os xogos olímpicos e as Olimpiadas. Aprenderon o funcionamento da biblioteca e entre todos e todas fixeron os 5 aneis de cores.
E despois...un ratiño de lectura libre.
Agora tócalle aos nenos e nenas de Infantil 4B. Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron.