miércoles, 15 de mayo de 2019

ANTONIO SANDOVAL

Preme na imaxe para saber máis

As árbores, ao igual que as persoas, precisan cariño e atención para medrar.
Isto é o lle pasou a "Árbore da escola".
Se queres saber que máis cousas lle pasan, lévao para a túa casa.





martes, 14 de mayo de 2019

TEMPO DE CAMBIOS...

Para o vindeiro curso haberá moitas novidades na biblioteca. 
Polo de agora, xa empexamos co expurgo na zona de audioviduais.









lunes, 13 de mayo de 2019

COCIÑANDO CONTOS




Paseando polas rúas de Cartaxena de Indias en Colombia, é fácil atoparse cunha das belas vendedoras de froitas e de doces tropicais. A muller  Palenquera vístese de arco  iris para vender os seus  doces e para regalar sorrisos a todo aquel que cruce o seu camiño.




Hoxe , os papás de  Joand Sebastián de Infantil 5 anos A, trouxéronnos un  anaquiño do seu país, Colombia.

Primeiro léronnos o libro "O doce sabor da alegría", onde as  Palenqueras fan unha sobremesa  cos seguintes ingredientes : coco, cana de azucre e... moita ALEGRÍA !!!.

           VÍDEO                                                                                  CONTO






















E para rematar,  vestimonos co traxe típico de Colombia.
Mirar que guapos e guapas estamos.


















domingo, 12 de mayo de 2019

PRESENTACIÓN CÓMIC

Xa está a venda o segundo libro publicado de Jorge Campos. Despois de Alter.Nativo, agora colaborou con Pilar Serrano neste curioso cómic.
Como xa o coñecedes de vir ao cole a dar o obradoiro de Banda Deseñada, agora toca acompañalo neste día tan importante para el.
Aquí  déixovos o cartel cos diferentes lugares onde podedes ir a que vos dedique o voso cómic.



Eu o teño claro, en Banda Deseñada, pretiño do cole.





viernes, 10 de mayo de 2019

XORNADAS SOBRE RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLARMOS EN GALEGO

Dende o servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, invitáronnos a expoñer a actividade da Quedada Literaria o xoves 9 no Verbum (Samil) e.... alí estivemos.


 Para rematar as xornadas, o grupo Fiadeiro, achegáronnos un pouco máis as Letras das cantigas tradicionais.








SABELA GAGO




A editorial Santillana ofreceunos unha animación levada a cabo por            Sabela Gago. 

Mirade que atentos...





miércoles, 8 de mayo de 2019



Día do Cómic Gratuito! Sábado 11 de maio en Vigo.


Pinchando na imaxe atoparás toda a información.



Lugar: Teatro Afundación. Policarpo Sanz , 13
Data:  11 de maio.
Horario: 12:00 horas visita guiada con Asier Mensuro (comisario da exposición).
Entrada: Gratuita.


Resultado de imagen de david RUBIN
DAVID RUBÍN
Imagen relacionada
DAVID AJA






ANTÓN FRAGUAS






                Este ano, o autor homenaxeado polas Letras Galegas é Antón Fraguas.

Para saber máis da vida e obra, preme na súa foto.

UNIDADES DIDÁCTICAS:





Facendo clic na seguinte imaxe, atoparás unha chea de recursos, vídeos, presentacións, cancións...






PREMIO ANTÓN FRAGUAS


No curso escolar 2014-15, A Fundación Antonio Fraguas premiou o Proxecto "Lavadores, pasado e presente da nosa parroquia" que fixo o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria do noso cole.
O obxectivo do proxecto era dar a coñecer a orixe do antigo Concello de Lavadores e os seus elementos máis salientables, para o que investigamos sobre o barrio, as fontes, lavadoiros, o nome das rúas, etc.. traballando dende todas as materias e áreas.
O proxecto expúxose en :
  • Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela).
  • Verbum (Samil).
A mestra María F., foi a coordinadora deste proxecto e recolleu o premio na Fundación Antonio Fraguas.











GALERÍA DE FOTOS






EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DE LIBROS SOBRE OS ESCRITORES HOMENAXEADOS NAS LETRAS GALEGAS.







viernes, 3 de mayo de 2019

INVESTIGANDO...

Na hora do recreo, os nenos e nenas veñen a biblio a buscar información nos ordenadores.
Que andarán buscando...