viernes, 5 de abril de 2019

RECREOS

Esta semana empezamos a abrir a biblioteca na hora do recreo para o alumnado de 3º de primaria.
Cada semana  irá un curso diferente, xa que o aforo está limitado a 16 alumnos/as.

LUNS: XOGOS DE MESA







MARTES: PASATEMPOS








MÉRCORES: PAPIROFLEXIA






XOVES: CLUB DE LECTURA

O CLUB DE LECTURA DO POMBAL, ESTRÉASE COA "PEDRA FILOSOFAL".

Resultado de imagen de harry potter y la piedra filosofalResultado de imagen de LA PIEDRA FILOSOFAL     




VENRES: DEBUXO E ESCRITURA CREATIVA












Estas nenas de 4º teñen moi claras as normas....

DENTRO DA BIBLIO NON SE COME.

Agardando para entrar ao obradoiro de papiroflexia.









lunes, 1 de abril de 2019

DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés  Hans  Christian Andersen, o  IBBY (International board on books for young people) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do  IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.
A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano, correspondeulle 
a Lituania. A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: Os libros fannos acougar.
Galix, Asociación do  Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe , con traducción ao galego.




























viernes, 29 de marzo de 2019

ABRIMOS NOS RECREOS

A partir do luns 1 de abril, abriremos a biblioteca na hora do recreo.
Cada día haberá diferentes actividades:

Luns: Xogos de mesa.
Martes: Pasatempos.
Mércores: Papiroflexia.
Xoves: Club de lectura. (Alumnado 5º  e 6º de primaria).
Venres: Escritura e debuxo creativo.

Aquí temos as caixas preparadas con todo o material necesario.
Será o voluntariado bibliotecario o encargado de supervisar as diferentes actividades, acompañados sempre por unha mestra.




jueves, 28 de marzo de 2019

CHEGOU O GRAN DÍA

O mércores 27 de marzo, o alumnado de 4º de Primaria , colleron os seus tambores  e vestidos de vigueses e viguesas (e algún que outro francés)  marcharon polas rúas do Casco Vello de Vigo.






















miércoles, 27 de marzo de 2019

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


 Os nenos e nenas de 2º e de 5º de primaria, tiveron a gran sorte de pasar un bo rato co autor de "Poemar o Mar" (Premio Nacional de Literatura infantil 2017) e de "Paseniño, paseniño".



No seguinte vídeo podedes ver que ben recitan e rapean poesías .






































sábado, 23 de marzo de 2019

UN SORBO DE POESÍA

A semana do 18 ao 22 celebramos a semana da poesía.
Este ano imos facer un concurso de poemas, ven individualmente ou por aula.
Os poemas e rimas serán colocados nos "vasos" que están na entrada principal para que todo o mundo que o desexe, poida darlles un sorbo.


Animádevos a participar!!!











Na biblioteca tendes unha pequena exposición de libros de poesía para que vos sirvan de inspiración.







Tamén os nenos e nenas de 5 anos, fixeron un "borboriñador" para susurrar poesías .





ENCONTROS PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (PLAMBE)

O venres 22, tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os encontros dos centros pertencentes ao  PLAMBE.
Este ano, centrámonos na importancia de crear nos nosos centros unhas bibliotecas inclusivas, que dean cabida a todos e todas, sen facer ningún tipo de distincións.
Tamén  a importancia das bibliotecas creativas .
Mans a obra!!!














viernes, 22 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DA AUGA

PREME NA IMAXE PARA SABER MÁIS
Mensaxe do Secretario Xeral de Nacións Unidas, António  Guterres Día Mundial da auga 2019



A auga é vital para a supervivencia e, xunto co saneamento, axuda a protexer a saúde pública e ambiental. Os nosos corpos, as nosas cidades e as nosas industrias, a nosa agricultura e os nosos ecosistemas dependen diso.

A auga é un dereito humano. A ninguén se lle debe negar o acceso. Este Día Mundial da auga trata de defender este dereito para todos, sen deixar a ninguén atrás.

Hoxe en día, 2.100 millóns de persoas viven sen auga potable debido a factores como o status económico, o xénero, a etnia, a relixión e a idade. As crecentes demandas, xunto cunha mala xestión, aumentaron a tensión  hídrico en moitas partes do mundo. O cambio climático está a sumarse dramaticamente á presión. Para 2030, estímase que 700 millóns de persoas en todo o mundo poderían ser desprazadas pola intensa escaseza de auga.

Debemos fomentar a cooperación para facer fronte á crise mundial da auga e fortalecer a nosa capacidade de resistencia para os efectos do cambio climático para garantir o acceso á auga para todos, especialmente para os máis vulnerables. Estes son pasos vitais cara a un futuro máis pacífico e próspero. A medida que nos esforzamos por alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, debemos valorar os recursos  hídricos e garantir a súa xestión inclusiva se queremos protexer e utilizar este recurso vital de maneira sustentable en beneficio de todas as persoas.


Neste vídeo feito por TAFUCCA PRODUCCIONES podemos ver a importancia de coidar e protexer  os nosos mares, para garantir a supervivencia de todas as especies que viven nel e poder disfrutar destas paisaxes tan fermosas.