jueves, 21 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

PREME NA IMAXE 


Bosques e educación. Aprende a amar o bosque.

Cada 21 de marzo, as Nacións Unidas renden homenaxe á importancia de todos os tipos de bosques e tenta xerar unha maior conciencia respecto diso. Este ano, o Día Internacional dos Bosques destaca a educación como un medio indispensable para aprender a amar o bosque, e apunta á súa importancia para lograr unha xestión sustentable das zonas forestais e avanzar na conservación da biodiversidade. Os bosques sans axudan a crear comunidades fortes e resistentes e aumentan a prosperidade das súas economías.





Aquí tendes unha unidade para 3º de Primaria en inglés.








miércoles, 20 de marzo de 2019

RECONQUISTA DE VIGO





O 28 de marzo celébrase a Reconquista de Vigo. Se queres saber máis, preme na imaxe do cartel deste ano.





Tamén neste vídeo explícase dunha forma moi sinxela.






 Na biblio temos o libro de Os Bolechas :







                                                            












O alumnado de 4º de Primaria como veñen facendo nestes últimos anos, participarán o día 27 na Reconquistiña. 
É unha iniciativa da asociación do Casco Vello e colaboración do concello de Vigo.





Poden elixir entre ir vestidos como franceses ou como vigueses.


Traxe típico vigués/a:
























































Os nenos e nenas desfilan polas rúas vestidos de época e con uns tambores feitos en colaboración coas familias.
Aquí podedes ver como se preparou a festa.








E tí, de que te vas vestir...... De francés ou de vigués/a?




lunes, 18 de marzo de 2019

MARÍA REIMÓNDEZ

BIOGRAFÍA


Hoxe o alumnado de 4º de primaria, disfrutaron da visita de María Reimóndez e tamén de Lía e as súas zapatillas de deporte.



















sábado, 16 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA


Do 11 ao 15 de marzo, traballamos a prensa . Na  entrada  da biblioteca, hai uns paneis onde os nenos e nenas poden ver información sobre os xornais.
Tamén hai un expositor dentro da biblio, onde atopamos libros e actividades para traballar a prensa.






Na entrada principal , fixemos unha exposición de noticias relacionadas coa natureza que trouxeron os nenos e nenas das súas casas.






O xoves, o voluntariado bibliotecario, venderon xornais no noso particular quiosco.

Podedes ver que ben o fixeron no seguinte vídeo.






Mural feito polo alumnado de Infantil 4 anos.




Mural de 6º.












martes, 12 de marzo de 2019

BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

Unha visita que se fai con todo o alumnado do cole, é a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas.
Aquí podemos ver á rapazada de 4º de primaria e aos pequenos de infantil 4 anos.




























   Tamén as nosas tórtolas fixeron unha parada alí.








domingo, 10 de marzo de 2019

8 MARZO



Exposición de libros con temática relacionada con este día.







COIDAMOS A NATUREZA




O Concello de Vigo, ofertou un obradoiro sobre a reciclaxe.

Como estamos moi comprometidos con este tema e o PDI deste ano está relacionado coa natureza, o alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria, foron a aprender moitas cousas con Dinoseto e Dinosetiño.







Tamén participamos na campaña de recolleita de pilas "Recicla con Enerxíapilabot".





miércoles, 6 de marzo de 2019

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Na mochila viaxeira de 1º, vai un libro escrito en braile.
Foi feito por Maite , que traballa na ONCE e ven ao noso cole dous días a semana para ensinarlle a ler en braile a unha nena.

Aquí podedes ver como é o libro.








Conto sobre a letra "A":