martes, 12 de marzo de 2019

BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

Unha visita que se fai con todo o alumnado do cole, é a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas.
Aquí podemos ver á rapazada de 4º de primaria e aos pequenos de infantil 4 anos.




























   Tamén as nosas tórtolas fixeron unha parada alí.








domingo, 10 de marzo de 2019

8 MARZO



Exposición de libros con temática relacionada con este día.







COIDAMOS A NATUREZA




O Concello de Vigo, ofertou un obradoiro sobre a reciclaxe.

Como estamos moi comprometidos con este tema e o PDI deste ano está relacionado coa natureza, o alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria, foron a aprender moitas cousas con Dinoseto e Dinosetiño.







Tamén participamos na campaña de recolleita de pilas "Recicla con Enerxíapilabot".





miércoles, 6 de marzo de 2019

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Na mochila viaxeira de 1º, vai un libro escrito en braile.
Foi feito por Maite , que traballa na ONCE e ven ao noso cole dous días a semana para ensinarlle a ler en braile a unha nena.

Aquí podedes ver como é o libro.








Conto sobre a letra "A":






















jueves, 28 de febrero de 2019

CHEGOU O ENTROIDO



Exposición de libros sobre o Entroido.





O Meco manda ...



Flor cunha botella de plástico


LUNS:

Para comezar
un adorno reciclado traerás.






MARTES: 

Si a natureza
queremos observar
unhas lentes deberás levar.










MÉRCORES:

A cabeza cubrirás

e así na horta traballarás.







XOVES:

De azul vestirás
e un peixiño levarás.














VENRES: Desfile pola peatonal do Calvario a partir das 12:30 horas.





COMPARSAS:

  • Ed. Infantil: Xoaniñas.
  • 1º e 2º Primaria: Submarinistas. 
  • 3º e 4º Primaria: Xardineiros.
  • 5º e 6º Primaria: Espantallos.





















CONTO

Como este curso estamos a traballar a natureza, aquí temos un conto sobre a COMPOSTAXE.




Preme na imaxe para descargar o conto





lunes, 25 de febrero de 2019

BIBLIO MÓBIL

Xa está funcionando a biblio móbil na hora do recreo.








GRAZAS EQUIPO DE PATIOS DINÁMICOS.












lunes, 18 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Preme na imaxe para ler a biografía
O 24 de febreiro celébrase o aniversario de Rosalía de Castro.
Na biblio hai unha pequena exposición de libros escritos por esta escritora galega.
Tamén puxemos un panel informativo na entrada da biblioteca coa vida e obra de Rosalía e algunha outra curiosidade.









domingo, 17 de febrero de 2019

jueves, 14 de febrero de 2019

SAN VALENTÍN


Para celebrar o día de San Valentín, que mellor que regalar corazóns.
Desde a biblioteca propuxemos a idea de que cada neno e nena do cole escribisen nun corazón dúas palabras bonitas para regalar entre o alumnado do cole.
Despois de organizar os grupos, o 14 de febreiro, na Hora de Ler, cada neno e nena entregou o seu corazón.
Despois de pegalo nunha peza dun quebracabezas xigante, entre todos fixemos un gran mural-corazón.




Neste vídeo podedes ver como entre todos e todas fixemos este mural.







Libros de amor e amizade na biblio.





Decoración: 



























E para rematar ó día... piruletas de corazón para toda a comunidade educativa de parte de Castelao e o Rato Pérez.