lunes, 18 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Preme na imaxe para ler a biografía
O 24 de febreiro celébrase o aniversario de Rosalía de Castro.
Na biblio hai unha pequena exposición de libros escritos por esta escritora galega.
Tamén puxemos un panel informativo na entrada da biblioteca coa vida e obra de Rosalía e algunha outra curiosidade.









domingo, 17 de febrero de 2019

jueves, 14 de febrero de 2019

SAN VALENTÍN


Para celebrar o día de San Valentín, que mellor que regalar corazóns.
Desde a biblioteca propuxemos a idea de que cada neno e nena do cole escribisen nun corazón dúas palabras bonitas para regalar entre o alumnado do cole.
Despois de organizar os grupos, o 14 de febreiro, na Hora de Ler, cada neno e nena entregou o seu corazón.
Despois de pegalo nunha peza dun quebracabezas xigante, entre todos fixemos un gran mural-corazón.




Neste vídeo podedes ver como entre todos e todas fixemos este mural.







Libros de amor e amizade na biblio.





Decoración: 



























E para rematar ó día... piruletas de corazón para toda a comunidade educativa de parte de Castelao e o Rato Pérez.















miércoles, 13 de febrero de 2019

BICOS SOLIDARIOS

Desde a biblioteca propuxemos unha actividade organizada pola Editorial El Pirata que levaba por título "Besos Solidarios".
Cada neno ou nena tiñan que estampar os seus beizos nun papel e despois personalizalo.
Grazas a estes bicos, nun hospital de Barcelona, os nenos e nenas alí ingresados, terían libros de agasallo novos.


Aquí temos algúns bicos que fixeron os nenos e nenas de Infantil 5 anos A.






















































sábado, 2 de febrero de 2019

VOANDO LONXE

Polo día da paz,dende a biblioteca, propuxemos a idea de que cada neno e nena, decorara unha pomba cunha palabra ou frase relacionada coa paz.




 



Despois as deixaremos en diferentes establecementos da zona do cole e arredores.





A idea é que cada vez que atopedes a pomba, a agasalledes a alguén e lle saque unha foto para ver ata onde chegan as nosas pombas.
A foto será subida as redes sociais cos seguintes hashtags:



#astortolasdopombal
#bibliotecacastelao
#equipobibliotecaceipopombal


QUE COMENCE A AVENTURA!!!






Algunhas das nosas pombas viaxeiras xa están recorrendo diferentes lugares. 

Para poder velas voar , pincha na foto das "Pombas viaxeiras" na barra lateral do blog.













viernes, 1 de febrero de 2019

OBRADOIROS DE BANDA DESEÑADA

Todo un éxito os obradoiros de cómic e de manga.

Os nenos e nenas desexando repetir e....máis dunha mestra tamén.

Nestes vídeos podedes ver un pouquiño desta actividade.














Estes son algúns cómics feitos polo noso alumnado.






























jueves, 31 de enero de 2019

A XACIA LUVIÑAS

 Rematamos o mes de xaneiro, cunha visita moi especial.Os nenos e nenas de 1º de primaria, tiveron a sorte de pasar un bo rato coa Xacia Luviñas e máis Anxo Moure.
No seguinte vídeo, podedes ver a de cousas que aprenderon sobre o coidado da natureza.