miércoles, 7 de noviembre de 2018

MAGOSTO


ORIXE DO MAGOSTO

É tempo de castañas...












REGUEIFAS NO POMBAL:




CANCIÓN DO MAGOSTO:






VÍDEO:


UNIDADES PARA TRABALLA-LO CONTO:




RECURSOS:







martes, 6 de noviembre de 2018





A que sabe a lúa?.
Agora na biblio xa  podedes interactuar con este libro tan... "delicioso".












viernes, 26 de octubre de 2018

INAUGURACIÓN



A semana do 23 de outubro ao 26, inauguramos a nosa biblioteca.
Este ano, o tema elexido son os nosos bosques e a natureza: "NO POMBAL, LEMOS EN VERDE".
Por iso, todas as zonas preto da biblioteca están decoradas con esta temática.







































Dentro da biblioteca xa estaba todo preparado agardando polos nosos nenos e nenas.
As mochilas viaxeiras con un montón de novidades e Castelao e o Rato Pérez impacientes porque chegara este día.








PAPEL DE AGASALLO FEITO CON  ALGODÓN  DE ROUPA RECICLADA











LIBROS CON TEMÁTICA DA NATUREZA, RECICLAXE...




Este ano temos algunha novidade. 
O Rato Pérez elexiu a nosa biblioteca para quedar a durmir aquí, xa que pola noite ten moito traballo recollendo dentes.







Outra novidade é a maleta "NÓS TAMÉN CONTAMOS". Nela están todos os libros que recopilan o traballo  feito polos nenos e nenas estes últimos anos na biblioteca.
Esta maleta pasará por todas as aulas para que poidan ver todos estes traballos.




Este ano teremos moi presente o coidado dos nosos bosque e en especial a reciclaxe.
O día da inauguración , poideron ver unha bolsa feita con roupa reciclada e que si a plantamos nace unha gramínia.
Aos nenos e nenas chamoulles moitísimo a atención, como de algo que non serve, se lle pode dar outra "vida".





O primeiro día que baixaron os nenos e as nenas a biblioteca, xa fixemos a formación de usuarios.
Este ano quixemos facer fincapé na figura de Castelao, polo que nos centramos un pouquiño máis na vida deste escritor.













No cole, cada neno e nena que quixo, puido "adoptar" un carballo para levalo a súa casa.
As landras foron plantadas o curso pasado en diferentes semilleiros para repoboar os os bosques despois dos incendios que houbo na nosa cidade e arredores.
Como sobraron moitos carballos, déuselle a opción aos nosos nenos e nenas que os "adoptaran." 









Neste vídeo podedes ver a inauguración da biblio:












jueves, 25 de octubre de 2018

SAMAÍN

Tempo de pantasmas, bruxas e cabazas. Na biblioteca puxemos algúns libros de medo e unidades didácticas para traballar o Samaín e a festa das cabazas.




LIBROS:









PÁXINAS DE INTERESE:























miércoles, 26 de septiembre de 2018

Xa queda menos para que a biblioteca Castelao abra as súas portas e os nenos e nenas poidan...



Agora estamos a preparar as mochilas viaxeiras, e as actividades que imos facer durante o curso.



    





Castelao e o rato Pérez, teñen moitísimas ganas de compartir lecturas convosco.




Vémonos moi pronto!!!





martes, 4 de septiembre de 2018

COAS PILAS CARGADAS


Agora que estamos a piques de empezar o novo curso, aquí vos deixo unha selección de libros para animarvos a vir ao cole.


PREME NA IMAXE