martes, 18 de noviembre de 2025

RETO DE NOVEMBRO

 

Como sabedes, o PDI de este ano do cole vai relacionado sobre a arte en todo o seu explendor. Por tal motivo, cada mes adicarémolo a unha destas artes e propoñeremos un reto para participar.


Ademais por cada reto que participemos encheremos unha paleta de pintor de cores e o que o consiga completar un premio levará.



Hoxe mentres todos estabamos nas clases tranquilamente, Castelao petounos nas nosas portas e ´ó saír atopamonos unha carpeta con moitas cousiñas que agora vos explicamos.



Nesta ocasión o mes de Novembro vai adicado á FOTOGRAFíA o que consiste en facerse unha foto lendo un conto no recanto que mais nos guste facer esta actividade tan pracenteira, divertida e de desconexión.



Aquí vos deixamos o cartel mais a explicación así como un photocall que temos no Hall do cole para quen queira facerse unha foto ben divertida e orixinal.






Animádevos a participar!!!!!!

jueves, 13 de noviembre de 2025

HEMATOFESTI NO COLE!

 

A semana pasada, os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria tiveron a sorte de contar coa visita de Maria Lado, unha actriz e escritora marabillosa con moita experiencia, e todo grazas a actividade didáctica organizada por Hematofesti.


María Ledo


Nesta actividade a rapazada poido obervar unha proxección de varios curtometraxes  audiovisuais os cales deron pé para traballar arredor da comunicación, a creación de narracións e ficcións así como tamén a lóxica narrativa.

 

Ao rematar agasalláronnos cuns contos xunto cun xogo creado polo festival para poder ter na biblioteca e continuar desfrutando con creacións narrativas.





jueves, 6 de noviembre de 2025

Inaguracíón da biblioteca

 Este mes celebramos con moita ilusión a inauguración da Biblioteca Castelao , un espazo renovado, cheo de cor, libros xogos e creatividade. Dentro do proxecto anual " POMBAL-ARTE".




Dende o equipo de Biblioteca propuxemos un Concurso para elixir o Novo logotipo da Biblioteca, que a partir de agora aparecerá nas  nosas mochilas, materias e sinalizacións. A imaxinación dos nosos artistas deixou o listón ben alto.


A semana propia da Inaguración oficial do 20 al 24 de Outubro , cada ciclo gozou dunha xornada especial de formación:

Educación infantil e 1º ciclo: Comezaron coa lectura dun conto:  El "piojo saltarín en la biblioteca”, unha breve explicación das normas e funcionamiento da biblioteca, e unha divertida busqueda do tesouro na que tiveron que atopar  a palabra “ ARTE”.




2ºciclo: Empezaron coa explicación das normas e uso da biblioteca e finalizaron cun vídeo moi molón que se titula" Fantásticos libros voladores del señor Morris".

3ºciclo: Explicación das normas da biblioteca e finalizaron cun escape room moi interesante

Ao finalizar as formacións o alumnado levou un agasallo e cada titor/a un folleto coa ubicación da biblioteca.



O 24 De Outubro cada grupo levou para a aula as súas mochilas , que nos acompañarán durante o curso en novas aventuras lectoras.




Ademáis coincidiendo coa celebración do Samaín en colaboración co equipo plurilingüe  preparouse un túnel do terror nos corredores e na propia biblioteca  e deixouse á disposición do profesorado material variado para realizar actividades co  alumnado e varios expositores con contos relacionados coa temática do samaín.