jueves, 9 de abril de 2026

NOVO RECANTO NA ENTRADA

 Ola familias! Xa estamos de volta e querémosvos ensinar algúns cambios. 

📚✨ NOVO RECANTO NA ENTRADA ✨📚

Dende a biblioteca creamos un pequeno espazo pensado para as familias 💛

Mentres esperades, podedes: 

👉 Descubrir as novidades da biblio

👉 Botar unha ollada aos libros creados polo noso alumnado.

Un recanto para facer a espera máis doce e, ao mesmo tempo, compartir todo o que traballamos nas aulas 📖🎨

Agardamos que vos guste… e que o desfrutedes moito! 😊