sábado, 28 de febrero de 2026

EXPOSICION DE ESCULTURAS E ARQUITECTURAS

 Ola pombaleiros e pombaleiras!!! Antes de nada dicirvos que soamente temos palabras de admiración e orgullo cara vos, cara o noso alumnado! Deixáchenos abraidos coas vosas  obras de arte tan espectaculares en relación coa escultura e arquitectura.  Non dubidamos en ningún momento de vós, sabemos que sodes capaces disto e de moito máis, pero de verdade, que este reto sabiamos que era complexo pero superástelo con matrícula.. 























Grazas a vós, o noso cole é un auténtico museo e é moi pracenteiro ver como ides polos corredores observando todo.




    Agora non baixedes o ritmo porque sodes incribles, demostráchedes que sodes capaces de calquera reto que se vos propoña...así que estade ben atentos porque en breve,  Castelao xunto a Pérez deixavos un novo reto para o mes vindeiro.


un sasúdo!

jueves, 26 de febrero de 2026

ENTROIDO

  A pesar de que xa rematou o Entroido,  ainda temos ese saborciño rico do ben que o pasabamos e mais de todo o que aprendemos. Por tal motivo queremos deixarvos por aquí como decoramos o noso cole para darlle a benvida a est festa tan bonita e colorida como o noso PDI "Pombal-arte"

    Dende biblioteca, deixamos a cada clase unha mascarada de diferentes zonas de Galicia así como rituais de clausura do Entroido xunto a unha pequena información da cal poder comezar a investigar.  Deste xeito, conseguimos entre todos, ter as nosas entradas cheas de cor, tradicións, historia, e como non podería ser de outra maneira... con MOITO ARTE!👩🏽‍🎨🎉🎨🧑🏽‍🎨