Esta semana foi un tanto atípica, xa que é a primeira vez que hai un apagón nacional e suspéndense as clases ao día seguinte.
Tivemos sorte que todo isto aconteceu o día despois de que LEDICIA COSTAS viñera a pasar un bo rato co alumnado de 1º e 2º de primaria poidendo disfrutar de "Pimpollo, el perro influencer" e de "Sete dentes de león".
O mércores 23 celebramos o Día do Libro. Como vimos facendo dende hai anos, e sendo unha das actividades que máis solicita o noso alumnado, fixemos os padriños lectores.
Antes das vacacións, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º foron coñecer aos seus afillados.
Despois de falar un pouco sobre os libros que máis lles gustan, baixaron á biblio para poder levar emprestados os libros e preparar nas vacacións as lecturas.
Así de ben o fixeron.
Os nenos e nenas de 5º quixeron facer unhas recomendacións de libros.
E o equipo de biblio agasallou a todo o claustro cunhas bolsiñas co nome da biblio.
Tamén contamos con outra estrela no noso paseo da fama, a de ANDREA GARCÍA que pasou un bo rato co alumnado de 5º de primaria.
Ensinoulles a debuxar algúns personaxes do seu libro "Animais fantásticos de aldea".
E con esta entrada, damos por rematados os retos deste curso.