viernes, 28 de febrero de 2025

REMATAMOS FEBREIRO

Rematamos o mes de febreiro cunha morea de actividades.
O día 24 visitounos Sabela Gago (Ed. Santillana). Comenzaron as visitas de autores/as e animacións deste curso, o alumnado de 3º de primaria.











Nesta semana tamén traballamos o Entroido.








Como este ano está adicado a Castelao e a nosa biblio leva ese nome, quixemos facer unha homenaxe a este escritor disfrazándoo como as diferentes comparsas (con hábitos saudables) coas que ían desfilar polo barrio a nosa rapazada.










ED. INFANTIL: "Pequenos atletas, grandes metas"




1º PRIMARIA: "Esquiando, esquiando, a nosa saúde vai mellorando"





2º PRIMARIA: " Os máis limpos"





3º E 4º PRIMARIA: "Bar pombaliano e come ben todo o ano"








5º PRIMARIA: "Pombaleiros na copa do mundo"




6º PRIMARIA: "O descanso é saúde"




Agora déixovos unhas fotiños duns traballos relacionados coa PDI de este ano: "Pombaleiros/as en forma".







Tamén o alumnado de 4 anos visitaron as instalación de fútbol do Chapela.
O deporte é saúde.






viernes, 21 de febrero de 2025

ROSALIA

Venres!!!
 Así que toca reto novo. Primeiro as solucións do reto Nª 3:







E agora .... RETO Nº ...





Conmemoramos o Día de Rosalía con diferentes actividades.
Na biblioteca puxemos uns paneis con información e diferentes xogos para coñecer un pouco máis sobre a vida desta escritora galega.





En colaboración co EDL fixemos na entrada principal unha Rosalía rodeada de mapas de Galicia  con palabras en galego.



Na hora de entrar e saír do cole, dende a  Radio Pombal Castelao, podemos escoitar un anaquiño de poemas de Rosalía recitados polo noso alumnado e a continuación, eses mesmos, musicados.
(preme na imaxe para escoitalos)







domingo, 16 de febrero de 2025

UN POUQUIÑO DE TODO

Aquí vos deixamos un resumo das cousiñas que estivemos a facer esta semana no cole.
Co gaio da muller e a nena na ciencia, algúns cursos estiveron traballando cos diferentes materiais que deixamos na biblio.


















Tamén contamos cunhas charlas sobre a igualdade, onde lle falaron de Concepción Arenal. 




Despois fixeron uns debuxos de o que lles gustaría ser de maiores.











Tamén o día 11 de febreiro celebrouse o Día de Internet Segura.
Aquí vos deixamos este Genially que vos pode axudar coas dúbidas que teñades.




O club de lectura facendo diferentes actividades.



Na hora do recreo, son moitos os nenos e nenas que veñen a ler á biblio.