jueves, 24 de octubre de 2024

  CHEGOU O GRAN DÍA


Hoxe, 24 de outubro é  o Día das Bibliotecas Escolares ; así que Castelao  e o rato Pérez decidiron abrir as portas da nosa biblioteca.


Alí estaban as mochilas viaxeiras agardando para ir ás casas da nosa cativada.




Todos e todas tiñan moitas ganas de ir á biblio  e comprobar que todo estaba xa preparado para dar comenzo os préstamos, usar o material de biblioteca creativa, o retorno do club de lectura e os axudantes bibliotecarios e moitas sorpresas máis que irán descubrindo pouco a pouco.

                       





         




   


Aquí podedes ver un resumo en imaxes do alumnado de 3º:



ENTRANDO NA BIBLIO

DESCUBRINDO COUSAS ARREPIANTES




CON MOITAS GANAS DE LER NOS SOFÁS

TAMÉN LERON DE PÉ




BUSCANDO A MOCHILA "PERDIDA"

O ENCARGADO DA CLASE FIXO ENTREGA Á 
PRIMEIRA LECTORA







Aquí vos deixamos toda a programación da nosa biblioteca de proximidade X.Neira Vilas para o mes de Novembro.


PREME NA IMAXE












domingo, 20 de octubre de 2024

QUENTANDO MOTORES



Xa estamos aquí de novo!

Que tal o comenzo de curso? Espero que ben. Nós estamos cos preparativos da inauguración da biblio, que como sabedes, sempre abrimos o 24 de outubro, coincidindo co Día da Bibliotecas Escolares.

Este ano temos algunhas novidades, xa que retomamos algunhas actividades que deixaramos de facer, como o club de lectura para o alumnado de 5º de primaria e os/as axudantes bibliotecarios.

Xa vos iremos contando pouco a pouco.

Agora rematando pequenas cousiñas que temos pendentes e o xoves , o Rato Pérez e máis eu (Castelao) esperamos veros de novo na biblio.

AHHHH!!! supoño que vendo a decoración que hai polo cole, xa saberedes o tema que imos traballar este curso...

Moi ben!!! Hábitos saudables; así que... "Pombaleiros/as en forma".