domingo, 20 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía.

Aquí vos deixamos un lapbook para investigar un pouquiño sobre este xénero literario.












Imos facer un concurso de poemas inventados por vós. Podedes facelos a nivel individual ou de clase.
Tendes que deixalos no buzón que está na porta da biblioteca.
Animádevos a participar!




Na seguinte imaxe tendes un montón de modelos de cartas para fotocopiar, escollede o que máis vos guste.




DATA TOPE DE ENTREGA: 31 DE MARZO.
 PREMIOS NA PRIMEIRA SEMANA DE ABRIL.










viernes, 18 de marzo de 2022

DESAFÍO Nº 4

Aquí temos os desafíos desta quincena.
O primeiro que imos facer é ver as respostas dos anteriores:

RESPOSTAS:

INF, 1º E 2º







3º,4º,5º,E,6º





E agora, ahí van os NOVOS


INF, 1º E 2º



3º,4º,5º,E,6º





LEMBRADE DEIXALOS NO BUZÓN DO ALBERGUE.




Botádelle unha ollada ao apartado de Radio Pombal Castelao, xa que hai un podcast novo: "Rap Rosalía".




domingo, 13 de marzo de 2022

LEDICIA COSTAS


Seguimos coas animacións, o mércores día 9, tocoulle a...

                                      

LEDICIA COSTAS cos nenos e nenas de 5º de primaria e o club de lectura de 6º do primeiro trimestre.
Ahhhh!!! esquencíame, tamén A Señorita Bubble.











CLUB DE LECTURA



No seguinte Genially tendes moita información e actividades  para facer sobre o libro de A Señorita Bubble.





Asinounos no libro de honra e puxo a súa estrela no paseo da fama.



                                                



E como gran novidade...

A PRIMEIRA ENTREVISTA NA RADIO DO COLE

                                         


No apartado RADIO POMBAL podedes escoitar o primeiro podcast da entrevista feita con gran esmero pola rapazada de 5º B

Recomendamosvos que descarguedes a APP de iVoox no voso móbil ou na tablet e que abrades o seguinte enlace e vos subscribades, pois así cada vez que fagamos un podcast apareceravos unha notificación. 


ENLACE PARA SUSCRIBIRSE Á RADIO POMBAL CASTELAO

 https://www.ivoox.com/s_p2_1460529_1.html


Se non tamén poderedes escoitalos no ordenador a través do noso blog no apartado da RADIO POMBAL CASTELAO (aparece na barra lateral esquerda, nesta imaxe)









jueves, 10 de marzo de 2022

SALÓN DO LIBRO

O salón celebrarase entre o 11 e o 27 de marzo do 2022 e terá a Euskadi como «cultura convidada»

Pontevedra acollerá esta fin de semana. a edición número XXIII do Salón  do Libro Infantil e  Xuvenil, unha das citas máis destacadas deste ámbito no noroeste peninsular. E para celebrar a que se espera que sexa a volta á plena actividade tras os condicionantes da pandemia nas dúas últimas edicións, elixiuse a arte como temática central do Salón. «Con  moita arte» é o lema elixido para o ano 2022.

No seguinte enlace tendes toda a información e na imaxe podedes ver o programa.













SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo adicaremos esta semana a traballar a prensa.

Aquí deixámosvos algúns recursos e actividades para que desta forma convertádesvos en auténticos xornalistas.



ASÍ SE FAI UN XORNAL:



RECURSOS: (premede mas imaxes)







Caderno de traballo para a Educación Documental (preme na imaxe)
(actividade adaptada do Recanto de Mik. Ceip Pl. Mestres Goldar)











domingo, 6 de marzo de 2022

8 DE MARZO

                               
O Día da muller traballadora conmemora a loita da muller a través do tempo por disfrutar dos mesmos dereitos que os homes e o mesmo recoñecemento na sociedade. Aínda que isto mellorou na actualidade, seguen existindo situacións de discriminación e mesmo de maltrato. Nas mans das xeracións futuras está conseguir unha convivencia en verdadeira igualdade, a través do respecto e a tolerancia.
Aquí tedes algunhas lecturas que poden dar lugar á reflexión nas aulas nesta data.



RECURSOS:

                                            


                                                    

              


NO SEGUINTE ENLACE PODEDES ATOPAR UNHAS UNIDADES DIDÁCTICAS MOI INTERESANTES:












CARTEIS



Fai uns banderíns coas mulleres máis importantes na túa vida e escribe o por que:




FICHA PARA DETECTAR

Propoñémosvos realizar esta ficha co voso alumnado. Ela permitiravos detectar estereotipos e prexuízos entre os nenos e nenas. Cal é a súa cor favorita, o seu xoguete, como se debuxa, como será o seu eu do futuro…. estas cuestións permitiranos detectar o nivel de estereotipos presente na vosa aula. 












LECTURAS PARA UN 8 DE MARZO

               



NO BLOG DO EDLG TAMÉN PODEDES ATOPAR MÁIS COUSIÑAS. PREMEDE NA IMAXE



Os nenos e nenas de 5 anos A , traballaron  o labor do canteiro Xoán Lomba (irmá da profe Angélica).
Ao chegar a Santiago de Compostela polo camiño francés, atopamos un peregrino feito polos alumnos, onde tamén as loitadoras e detallistas mulleres, teñen un papel moi importante.
Preme na imaxe para saber máis.









 AULA DE RELIXIÓN
            


3º B