miércoles, 4 de marzo de 2026

RETO DE MARZO

 Ola!! Xa está aquí Marzo e con el un novo reto dende biblioteca. 



Propoñémosvos que vos mergulledes no mundo da pintura, cheo de luz e cor aproveitando que está a piques de chegar a primavera. 



Ademais convidámosvos a visitar a casa das artes onde poder gozar coas obras de Laxeiro e Barreiro nestas datas e así inspiraros, pero sobretodo, para un tempo de lecer en familia. 

A por todas artistas!