viernes, 29 de noviembre de 2024

VÍDEOS CIENCIA

 

SEMANA DA CIENCIA

A clase dos nenos e nenas de 4 anos B, tranformaron a súa aula nun pequeno laboratorio onde por unha semana sentíronse como científicos e científicas de verdade.
Teñen lupas e gafas de aumento, virus e bacterias, vinagre, bicarbonato, escuma de afeitar, pipetas, goteiros, globos...

Tamén apareceu pola clase a "científica tola" da profe Nati.






EXPERIMENTO "ASUSTAMOS" AOS XÉRMENES

Aprendimos que hai que lavar ben as mans con auga e con xabón.
Os xérmenes no mandilón da profe...pero eiquí imos experimentar para desfacernos deles.



VÍDEO CON XABÓN

                  
VÍDEO CON VINAGRE               





OBSERVAMOS OS XÉRMENES "ESCRUPULOSAMENTE" COAS NOSAS LUPAS, non vaia ser que estén vivos





QUE PASA AO MESTURAR BICARBONATO E VINAGRE?

No segundo experimento utilizaron bicarbonato e foron botándolle vinagre coas pipetas. Mirade o que pasou...


         
   


Tamén probaron poñéndolle cores ao vinagre e así observamos mellor a reacción que tiñan xuntos.


   

     


FABRICAMOS NEVE
Como xa chega o Nadal necesitaban neve .
Póis dito e feito. Con bicarbonato e con escuma de afeitar fixerona nosa propia neve.



   

   


   

   



PÓCEMA DAS BRUXAS

E xa para rematar a primeira xornada de experimentos, mesturaron nun botiño auga con colorante verde e con vinagre. Despois fomos botando culleradiñas de bicarbonato e....parecía unha pócema de bruxas, mirade o que pasou coa mestura e a reacción dos peques!!!



XOGAMOS COS IMÁNS


    


RELI:
Despois de contar a historia do Arca de Noé, fixemos o noso propio arco da vella. 
Tiñamos que conseguir as sete cores a partir das tres cores primarias.


   

 Tamén  houbo quen se animou  a facer un experimento dende a súa casa. Bravo!!!!

Mar, Ainhoa e Mateo 6º A

         


Carla 6º A

       


Christian e Destiny  6º A

    

     


Marcos de 5º B



Elena e Vega 6º A



Aleixo 6º A

       


Zaida 6º A

Iria 6º B


Carla e Gabriela 6º A

Adrián 6º A


Lourdes 6º B



Ismael 6º A



Dani Ríos 6º A



Xavi e Nico 6º A



O alumnado de 6º B tamén se animaron a ser científicos por un día.





















lunes, 25 de noviembre de 2024

LIBROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para traballar o 25 de novembro, na entrada da biblioteca puxemos unha pequena mostra de libros con temática en contra da violencia de xénero.
Tamén había materiais e unidades didácticaas para traballar este día.



O alumnado de 4º e 6º, xunto coa profe Cris e as súas titoras, gravaron un podcast na radio do cole  onde nos explican moitos datos interesantes sobre o 25N.




Se queredes escoitar o ben que o fixeron, premede na imaxe para escoitala gravación .







lunes, 18 de noviembre de 2024

MES DA CIENCIA

O mes de novembro está adicado á ciencia en galego nas bibliotecas.

Na nosa, fixemos unha pequena exposición de libros con esta temática para que os profes e o alumnado se anime a facer algún experimento.







Tamén desde as casas podedes enviarnos algún vídeo (ao correo da biblio) facendo algún experimento que despois subiremos ao blog.


Animádevos a sentirvos científicos /as por un día.

Tendes todo este mes para mandar os vosos vídeos.







Esta folla de rexistro pódevos axudar na vosa investigación.










sábado, 16 de noviembre de 2024

MAGOSTO

Este venres, celebramos no cole a festa do Magosto.
Na biblioteca deixamos libros e unidades didácticas con esta temática para poder traballar nas aulas.



Algunhas titorías decoraron as caixas coa temática deste curso: "Pombaleiros/as en forma".

















E como bailar é un hábito moi saudable, aquí deixo un vídeo coa coreografía preparada pola profe de música.