Xa estamos eiquí de novo.
Por fin chegou o momento que tanto estabamos esperando:
hoxe, 25 de outubro, queda oficialmente inaugurada a nosa biblioteca!!!
Como sempre, Castelao e o rato Pérez, que son tan detallistas e pensan sempre en todo, deixáronnos un agasallo de benvida: unha preciosa tarxeta identificadora de equipaxe para cada un.
Este ano será un curso cheo de aventuras, pois como seguro que xa sabedes, a temática elixida está relacionada coas viaxes por diferentes países:
"Pombaleiros/as polo mundo".
Nestas viaxes, percorreremos e coñeceremos moitas cousas sobre diferentes países. Cada clase elixiu un país para investigalo. Para mostrar a todos e todas o que estamos aprendendo e participar na decoración e ambientación do cole, ao longo destas semanas todos os nenos e nenas , xunto cos seus titores e titoras, irán montando polos diferentes espazos do cole as súas exposicións sobre o país que están a traballar.
Iremos subindo fotos de todo o proceso e das diferentes exposicións. De momento, deixámosvos este pequeno avance....
Seguro que vos vai encantar...ou eso pensamos!!
Con que países nos sorprenderán?