sábado, 28 de febrero de 2026

EXPOSICION DE ESCULTURAS E ARQUITECTURAS

 Ola pombaleiros e pombaleiras!!! Antes de nada dicirvos que soamente temos palabras de admiración e orgullo cara vos, cara o noso alumnado! Deixáchenos abraidos coas vosas  obras de arte tan espectaculares en relación coa escultura e arquitectura.  Non dubidamos en ningún momento de vós, sabemos que sodes capaces disto e de moito máis, pero de verdade, que este reto sabiamos que era complexo pero superástelo con matrícula.. 























Grazas a vós, o noso cole é un auténtico museo e é moi pracenteiro ver como ides polos corredores observando todo.




    Agora non baixedes o ritmo porque sodes incribles, demostráchedes que sodes capaces de calquera reto que se vos propoña...así que estade ben atentos porque en breve,  Castelao xunto a Pérez deixavos un novo reto para o mes vindeiro.


un sasúdo!

jueves, 26 de febrero de 2026

ENTROIDO

  A pesar de que xa rematou o Entroido,  ainda temos ese saborciño rico do ben que o pasabamos e mais de todo o que aprendemos. Por tal motivo queremos deixarvos por aquí como decoramos o noso cole para darlle a benvida a est festa tan bonita e colorida como o noso PDI "Pombal-arte"

    Dende biblioteca, deixamos a cada clase unha mascarada de diferentes zonas de Galicia así como rituais de clausura do Entroido xunto a unha pequena información da cal poder comezar a investigar.  Deste xeito, conseguimos entre todos, ter as nosas entradas cheas de cor, tradicións, historia, e como non podería ser de outra maneira... con MOITO ARTE!👩🏽‍🎨🎉🎨🧑🏽‍🎨















miércoles, 21 de enero de 2026

O RETO DE XANEIRO EN FEBREIRO XA ESTA AQUI!

 Aquí estamos de novo! Cambio de ano e retos novos que nos acompañarán! 

Nesta ocasión metémonos de cheo no mundo da escultura e arquitectura, e por ser temas mais complexos pero non menos divertidos, temos ata o 25 de febreiro para poñer as nosas mans a traballar de maneira máis minuciosa.






 Hai que facer as dúas cousas? Non é necesario pero se queres non o dubides! 

Podes facer réplicas ou sacar a creatividad propia do escultor/a e arquitecto/a que levas dentro. 

Ánimo!!!!

viernes, 16 de enero de 2026

Reto de decembro!

  Apaguen os seús teléfonos e abran paso á diversión!!

Grazas a vosa participación do reto de decembro nado na biblioteca, indagamos un pouco sobre o cine, solventando o enigam do nome da figura dos premio do cine español...GOYA!

Ademais, coñecimos as películas favoritas do noso alumnado e con iso confeccionamos a nosa

 "carteleira do cine-pombal"



A continuación poñémosvolo mais detallado para que as vexades be e tomades nota de cal queredes ver.






Agora, conidámosvos a que se algunha das películas máis votadas non a coñecedes podedes  cargar ben de flocos de maiz e visionalas e familia, e máis con estes días de chuvia que temos.

Un saúdo 

jueves, 15 de enero de 2026

itinerario lector curso 25-26

Ola pombaleiros!!

Nesta entrada do blog querémosvos recordar os libros seleccionados polo cole para traballar agora que voltamos das vacacións de Nadal. 

Como sabedes, entro do Proxecto Lector da nosa escola, traballarase con dous libros (itinerarios lectores), un en lingua galega e outro en castelán. 

Esta é u nhas das medidas que temos para tratrs de fomentar o desfrute da lectura e polo tanto ampliar a competencia lingüística do noso alumnado.

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.


















Moitas grazas familias