jueves, 10 de febrero de 2022

MULLERES NA CIENCIA

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.

A finalidade é lograr a igualdade de xénero no campo da ciencia.
Actualmente, as mulleres científicas representan menos do 30% do total dos científicos do mundo, debido a que as mulleres se teñen que enfrentar a estereotipos, restriccións sociais e culturais que limitan o seu acceso a estudar carreiras científicas.

Por outra parte, menos do 3% dos premios Nobel otorgados a investigacións científicas foron entregados a mulleres, por iso, hai unha evidencia ante a falta de recoñecemento as súas aportacións e a necesidade de reducir esta brecha de xénero.














LIBROS:


Un traballño feito polos nenos e nenas de 3º A.



En 5º B organizaron un concurso para ilustrar o 11F. Co debuxo gañador, fixeron unhas "chapas" para os participantes e para o profesorado que da clase nese curso.
Mirade que chulas quedaron.




O alumnado de 6º fixero uns traballos de investigación sobre diferentes mulleres científicas.









                                         



E nós imos celebrar este día co 2º DESAFÍO!





Lembrade, o de cor verde é para Infantil, 1º e 2º de Primaria.











O amarelo, para 3º,4º, 5º e 6º.



PISTAS: 
-TENDES QUE EMPREGAR TODOS OS NÚMEROS.
- NON SE PODEN REPETIR .
- PODEDES FORMAR NÚMEROS, POR EXEMPLO: 13+ 4.....
- OS SIGNOS ARITMÉTICOS PODEN REPETIRSE E USALOS CANTAS VECES PRECISEDES.







                 








As respostas teñen que ser nun cuarto de folio e co nome, apelidos e curso pola parte de atrás.
Non vos esquezades de botalas no buzón do albergue.
Tendes dúas semanas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario