A semana do 23 de outubro ao 26, inauguramos a nosa biblioteca.
Este ano, o tema elexido son os nosos bosques e a natureza: "NO POMBAL, LEMOS EN VERDE".
Por iso, todas as zonas preto da biblioteca están decoradas con esta temática.
Dentro da biblioteca xa estaba todo preparado agardando polos nosos nenos e nenas.
As mochilas viaxeiras con un montón de novidades e Castelao e o Rato Pérez impacientes porque chegara este día.
PAPEL DE AGASALLO FEITO CON ALGODÓN DE ROUPA RECICLADA |
LIBROS CON TEMÁTICA DA NATUREZA, RECICLAXE... |
Este ano temos algunha novidade.
O Rato Pérez elexiu a nosa biblioteca para quedar a durmir aquí, xa que pola noite ten moito traballo recollendo dentes.
Outra novidade é a maleta "NÓS TAMÉN CONTAMOS". Nela están todos os libros que recopilan o traballo feito polos nenos e nenas estes últimos anos na biblioteca.
Esta maleta pasará por todas as aulas para que poidan ver todos estes traballos.
Este ano teremos moi presente o coidado dos nosos bosque e en especial a reciclaxe.
O día da inauguración , poideron ver unha bolsa feita con roupa reciclada e que si a plantamos nace unha gramínia.
Aos nenos e nenas chamoulles moitísimo a atención, como de algo que non serve, se lle pode dar outra "vida".
O primeiro día que baixaron os nenos e as nenas a biblioteca, xa fixemos a formación de usuarios.
Este ano quixemos facer fincapé na figura de Castelao, polo que nos centramos un pouquiño máis na vida deste escritor.
No cole, cada neno e nena que quixo, puido "adoptar" un carballo para levalo a súa casa.
As landras foron plantadas o curso pasado en diferentes semilleiros para repoboar os os bosques despois dos incendios que houbo na nosa cidade e arredores.
Como sobraron moitos carballos, déuselle a opción aos nosos nenos e nenas que os "adoptaran."
Noraboa ao equipo de Biblioteca polo traballo realizado. Fantástico!!!!
ResponderEliminarParabéns ao equipo de Biblioteca polo traballo realizado. Noraboa!!!
ResponderEliminarNoraboa aos responsables da biblio. Impresionante traballo!!!!. Grazas por tanto.
ResponderEliminar