martes, 25 de junio de 2024

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN 2023-2024

Como todos os anos por estas datas, eiquí tedes as nosas recomendacións de lectura para o verán.

Animámosvos a xogar moito, tomar o sol (con moita crema e precaución), pisar a herba descalzos ....e, ler moito. Seguro que as nosas suxerencias faranvos pasar moi bos momentos.

Felices vacacións de verán. 

Vémonos en setembro!!





viernes, 21 de junio de 2024

DERRADEIROS OBRADOIROS DESTE CURSO DE BIBLIOTECA CREATIVA

Estas foron as derradeiras actividades de biblioteca creativa deste curso. Nesta ocasión participaron nenas e nenos de 3º e de 6º de primaria.

Os de 3º realizaron actividades con scratch, un motor de videoxogos cuxa principal característica é que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código. A rapazada aprende conceptos relacionados cos computadores e outras habilidades relacionadas coas novas tecnoloxías e outras áreas de coñecemento. Tamén poden crear historias animadas ou minivideoxogos.








E, os de 6º experimentaron con tinkercad, un programa de impresión e deseño en 3D para crear xoguetes, prototipos, figuras, etc. Neste caso deseñaron, crearon e imprimiron na impresora 3D uns bonitos chaveiros personalizados. Mirade que bonitos quedaron.
















PREMIOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NOS DESAFÍOS

Para rematar como é debido, nesta derradeira semana do curso houbo grandes premios para os nenos e nenas que participaron en todos os desafíos. Recibiron bonitos agasallos, como un libro para crear os seus propios comics, unha libreta espía, un boli de baby Yoda e unhas gomis. Quedaron encantados.

Mirade as fotos...







Anímaste a participar nos desafíos do curso que ven?

miércoles, 5 de junio de 2024

ANIMACIÓN A CARGO DE ANDREA MACEIRAS


Ola de novo. 
Xa chegamos á derradeira animación deste curso. Nesta xornada, a rapazada de 6º de primaria tivo a sorte e o pracer de recibir a Andrea Maceiras. 
Ademáis de ser escritora infantil e xuvenil, é profesora na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña. 
Acumula unha morea de premios literarios, entre eles o premio dos clubes de lectura da Consellería de Educación como autora máis lida.
Se queres saber máis sobre Andrea Maceiras, 
pincha no enlace