martes, 19 de enero de 2021

GRANDES LECTORAS

 Aquí estamos de novo. 

Qué tal de vacacións de Nadal?.

Esperamos que Papá Noel e os Reis Magos vos trouxeran os libros de lectura que ides traballar na clase (entre outros agasallos).

E falando de lecturas... O día 11 de xaneiro, celébrase o Día do usuario das bibliotecas. 

Na Biblioteca Neira Vilas , agasallaron cun lote de libros aos usuarios e usuarias máis  devoradoras .

Neste caso, temos que felicitar a Candela de 4º A  na categoría infantil.






Tamén a avoa de Ángel Faro (5ºA), Paula (6ºA) e Ana Ballesteros (3ºA), foi unha das agasalladas cun lote de libros na categoría de adultos.













Aproveitamos para deixarvos o enlace da Biblioteca Neira Vilas para que vexades as actividades do mes de xaneiro.










No hay comentarios:

Publicar un comentario