NON SE RECOLLEN MÁIS FOTOGRAFÍAS
lunes, 30 de noviembre de 2020
miércoles, 25 de noviembre de 2020
LUCES, CÁMARA E UN VALOR. ESTA SEMANA VAI DE CORTOS...
Aquí estamos, unha semana más con vosco.
O primeiro de todo, imos dar a solución aos audios das Bandas Sonoras do reto da semana pasada. Grazas a todos os que participasteis.
1.- "Los chicos del coro"
2.- "Mamma mía"
3.- "Vaiana"
4.- "Grease"
5.- " El Rey León"
6.- "Frozen"
7.- " Los Picapiedra"
8.- "Star Wars"
Neste mes de novembro, houbo algunhas datas importantes.
O día 20, foi o Día mundial da Infancia e o 25 celebrouse o Día Internacional da No Violencia de Xénero.
O cinema levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Aquí tendes 14 curtos para reflexionar sobre a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo, o respecto ás persoas…
O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.
Este curto animado expón diferentes cuestións ao redor das cales os alumnos teñen a oportunidade de
3. El hombre orquesta:
4. El viaje de Said:
5. La flor más grande del mundo:
A curtametraxe ‘A flor máis grande do mundo’ está baseado nun conto escrito polo Premio Nobel de Literatura José Saramago. Dáse a circunstancia de que este curto (elaborado co técnica stop- motion) conta coa colaboración do propio Saramago que pon voz á historia que se conta e, ademais, ten o seu propio personaxe. Nela faise un chamamento á solidariedade e as relacións humanas, nun mundo onde a falta de ideais, o egoísmo ou o individualismo prevalecen por encima doutros sentimentos.
6. El circo de las Mariposas:
Interesante proposta que, seguramente, chamará a atención dos estudantes. Valores como o respecto ou a dignidade son tratados nesta curtametraxe que tamén expón outros medos e temores aos que todos (nalgunha que outra ocasión) tivemos que facer fronte: a necesidade de sentirse aceptados polos demais, romper coas barreiras que moitas veces poñémonos nós mesmos e que nos impiden alcanzar os nosos desexos…
7. El cazo de Lorenzo:
Educar na diversidade. Este é a mensaxe que transmite a curtametraxe ‘O Cazo de Lorenzo’, unha proposta baseada no conto da escritora Isabelle Carrier: relata a vida de Lorenzo, un neno de pouca idade e diferente aos demais que un día descobre que as persoas boas tamén existen. O cazo de cor vermella que sempre lle acompaña representa as dificultades e os obstáculos para vencer.
A mensaxe que transmite é similar ao que arroxa ‘O Cazo de Lorenzo’: aceptar ás persoas que, por un motivo ou outro, son diferentes a nós. Hai que ser tolerantes e solidarias con elas e integralas no noso ambiente, non cambiar a súa forma ou maneira de ser. Neste caso, os seus protagonistas non son persoas senón figuras xeométricas; en concreto, un cadrado e varios círculos.
9. The Lost Thing:
En 2011 esta cinta conseguiu o Óscar ao mellor curto animado. É unha chamada de atención ao estilo de vida que levamos e que, moitas veces, non nos deixa ver o que lle ocorre ás persoas que temos ao redor, os seus problemas…
10. Destiny:
O curto de animación Destiny é obra de catro alumnos da escola francesa Bellecour Ecoles d’art: Fabien Weibel, Sandrine Wurster, Victor Debatisse e Manuel Alligné. Visualmente resulta exquisito e a historia expón varias cuestións como o paso do tempo, a posibilidade de cambiar o noso destino, a rutina do día a día, as obsesións que podemos chegar a ter e que nos impiden avanzar… A much@ s lembraravos á película protagonizada por Bill Murray ‘Atrapado no tempo’.
11. The Moon (la luna):
13. Piper:
Unha preciosa historia na que vemos á pequena ave conseguir as súas metas e facerse «maior» e independente baixo a atenta mirada dunha nai que lle deixa crecer, cometendo fallos e sen merodear todo o tempo ao redor dela. Unha nai que sempre está aí para os seus fillos, pero dándolles o espazo necesario para crecer.
14. For the birds:
Este curto de Pixar aborda o tema do respecto ás diferenzas desde unha perspectiva diferente e, sobre todo, moi divertida. A historia convida os nenos a reflexionar sobre a importancia de respectar a todos por igual, á vez que lles ensina a ser máis tolerantes e empáticos con quen lles rodea. É un verdadeiro chamado de atención sobre a discriminación, a exclusión e os estereotipos.
2. Dereito á participación:
3. Eu quero aprender:
jueves, 19 de noviembre de 2020
TODO SOBRE O CINE . ESPECIAL BANDAS SONORAS.
Neste symbaloo atoparedes, experiencias, unidades, actividades webs e blogues referidos ao proxecto "Un curso de película" .
Na parte final do symbaloo hai presentacións e vídeos elaborados sobre a historia do cinema que parecéronnos apropiadas para utilizar na aula.
Para comezar a coñecer a historia do Cinema desprazamonos a China.
Aprenderemos con este vídeo que son os teatros de sombras chinesas.
Os xoguetes ópticos apareceron para demostrar o fenómeno físico da persistencia da visión, unha técnica que podería compararse ás primeiras películas dos debuxos animados.
TRAUMATROPO:
É un xoguete inventado por Jahn Ayrton en 1824 en Inglaterra.
É un disco con dúas imaxes a ambos os dous lados que ao tirar dunha corda, provoca e xogo óptico de ver as dúas imaxes como unha soa.
É o precursor doutros xoguetes ópticos.
Déixovos un vídeo coa explicación.
Aquí tendes algúns modelos para imprimir para que fagades na clase, aunque tamén podedes inventar os vosos.
ZOTROPOS E PRAXINOSCOPIOS:
Son inventos realizados no sigo XIX, unhas décadas antes da aparición de Cinema.
SCANIMATION
Un libro onde se ve os movementos a través da técnica de Scanimation, unha técnica moi actual patentada por Ruflus Bter Seder.
Este autor ten varios contos que nos poden achegar a esta técnica. Un deles é KicK! que aínda que está en inglés o texto é moi sinxelo.
Neste vídeo podedes observalo por dentro.
PROFESIONES DEL CINE:
Con toda esta información xa tendes para traballar o tema deste curso.
Esperamos que lle saquedes moito proveito.
E agora toca....
jueves, 12 de noviembre de 2020
MAGOSTO VIRTUAL E RETO "DECORANDO O COLE"
Cambio de hora, rúas molladas e cheiro a castañas, o outono chegou para quedar e iso implica que chega unha festa moi importante en Galicia: o magosto. Unha festa que se celebra habitualmente na primeira quincena de novembro, entre o Día de Todos os Santos, 1 de novembro, e o día de San Martiño, 11 de novembro pero que se estende durante todo o outono.
O magosto é unha festa tradicional arraigada na cultura popular galega onde as castañas son as protagonistas. E non é de estrañar, os castiñeiros pertencen á paisaxe galega desde hai séculos e o seu froito foi un alimento moi importante na sociedade europea, xa que en épocas de fame asegurou a supervivencia de moita xente. Desta árbore aproveitábase todo ao máximo, desde a súa madeira, ata o seu froito e os seus refugallos e moitas rendas, ou parte delas, cobrábanse antigamente en castañas, tamén coñecidas como o “pan dos pobres”.
Orixe do magosto:
O magosto é unha festa pagá con elementos celtas que máis adiante se cristianizaron. Os elementos que máis destacan son o lume e as castañas. Coincidindo co final do verán, relacionábase coa fertilidade e fecundación da terra para as seguintes colleitas.
O magosto é un banquete no que a castaña asada e o viño son o manxar. Xuntábanse para celebrar o fin dunha nova colleita e lembrar aos que non están reuníndose veciños, familias e amigos. Os mozos recollían e levaban as castañas, e xuntos comían, bebían e bailaban ao redor da fogueira pintándose a cara coas cinzas.
O magosto na actualidade:
Todo o mundo celebra o magosto dunha forma ou outra, pero a máis popular é subir ao monte cun grupo de amigos ou familiares e asar castañas e chourizos nunha fogueira. As adegas das casas son outro dos escenarios para celebrar o magosto aínda que o lugar natural desta festa é o monte, especialmente entre a mocidade. O contacto co medio ambiente forma parte do ritual desta festa e por iso percórrense os bosques galegos en busca do mellor lugar para gozar da compañía, as castañas e a natureza. Respectando sempre o medio ambiente e evitando que a festa supoña un impacto para o monte.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa puxo o seu estreo na pantalla de cine:
Dende a biblio os ofrecemos diferentes recursos:
CON PICTOGRAMAS:
PARA SABER MÁIS:
DOCUMENTAIS E REPORTAXES: