domingo, 26 de enero de 2020



O sábado 25 de xaneiro, fomos á presentación en Vigo do libro "Atlas da Galicia pequeniña".

Que sorpresa atoparnos con nenos e nenas do cole que se achegaron ata Banda Deseñada para que César Cequeliños        ( autor e editor) e Jorge Campos (ilustrador), asináranlles o seu exemplar que lles trouxeron os Reis Magos.


LARA, XAVI, PAULA E ANA



Nós tamén temos o noso exemplar para a biblio, onde non pode faltar o noso Castelao.


Este atlas vénnos xenial para traballar a temática deste ano: As nosas tradicións.


VÍDEO PRESENTACIÓN:




viernes, 24 de enero de 2020

VOLUNTARIADO BIBLIOTECARIO



Seguimos traballando a reo para poder abrir a biblioteca cantos antes, pero a verdade é que está levando máis tempo do que pensabamos.
Agradecer a todos eses nenos e nenas que veñen nos recreos a axudar a selar, dar de baixa e clasificar todos os libros que expurgamos.




Moooooitas grazas pola vosa axuda.








martes, 21 de enero de 2020

JORGE CAMPOS


Este sábado temos unha cita no local de Banda Deseñada co noso amigo Jorge Campos.
Vai presentar o seu último libro: " Atlas de Galicia pequeniña". 
Xa temos o noso exemplar para o cole e veunos moi ben para traballar a temática que elexida  este curso.











viernes, 10 de enero de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA

Que tal de vacacións de Nadal?.
Nos seguimos preparando a biblio, a verdade é que nos está levando mais tempo do que pensabamos, pero seguimos a traballar.
No expositor que está ao lado da porta da biblioteca, puxemos un montón de libros relacionados coa temática deste curso "As nosas tradicións", para que poidades traballar con eles nas aulas.






Tamén nos puxemos en contacto coas editoriais para poñer datas das visitas dos diferentes autores, ilustradores e animacións que virán a visitarnos.



Antes das vacacións de Nadal, xa se reuniu o club de lectura para elexir o libro que van traballar .
Este é o que escolleron.