viernes, 31 de mayo de 2019

OLGA CUERVO





Os máis pequenos do cole, Infantil 3 e 4 anos, pasaron un rato moi agradable con Olga Cuervo, contacontos chegada de Asturias a cargo da editorial SM.
Contounos o conto de Cocorico e  transformounos a todos e todas en piratas.



























martes, 28 de mayo de 2019

BENXAMÍN NOVOA




Unha vez máis, volvemos contar coa visita de Benxamín Novoa. 
Esta vez tocoulle a quenda aos nenos e nenas de Infantil 5 anos e 1º de Primaria.




Cos máis pequenos falaron do ratiño Pérez e os dentes, raíñas, príncipes e bruxas.

Tamén inventaron un conto.











Agora a rapazada de 1º. 
Pasaron un bo intre falando de monstros. 
Sabedes que os nenos e nenas non son os culpables de que cando se poñen en fila ao tocar o timbre, armen balbordo?.
Toda a culpa tena o MONSTRO DO RECREO, que lles obriga a vir correndo.
E as  profes  rifándolles por non estar tranquiliños na fila....
Así, que mamis e papis, xa sabedes, a culpa son dos diferentes monstros que nos obrigan a facer falcatruadas.






















martes, 21 de mayo de 2019

COCIÑANDO CONTOS

  





A mamá de Sara de infantil 5 anos A, viu falarnos do seu país, Venezuela.
Leunos o conto "¿Dónde está Venezuela?".
Tamén nos amosou un vídeo, onde o  tío de Sara, toca un instrumentro típico de alí, o quatro.








Explicounos que a diferencia entre o traxe típico de Colombia e o de Venezuela son as estrelas na cinta azul do vestido na parte do peito.





Entre todos e todas pintamos a bandeira de Venezuela.













E para rematar... arepas !.































miércoles, 15 de mayo de 2019

ANTONIO SANDOVAL

Preme na imaxe para saber máis

As árbores, ao igual que as persoas, precisan cariño e atención para medrar.
Isto é o lle pasou a "Árbore da escola".
Se queres saber que máis cousas lle pasan, lévao para a túa casa.





martes, 14 de mayo de 2019

TEMPO DE CAMBIOS...

Para o vindeiro curso haberá moitas novidades na biblioteca. 
Polo de agora, xa empexamos co expurgo na zona de audioviduais.









lunes, 13 de mayo de 2019

COCIÑANDO CONTOS




Paseando polas rúas de Cartaxena de Indias en Colombia, é fácil atoparse cunha das belas vendedoras de froitas e de doces tropicais. A muller  Palenquera vístese de arco  iris para vender os seus  doces e para regalar sorrisos a todo aquel que cruce o seu camiño.




Hoxe , os papás de  Joand Sebastián de Infantil 5 anos A, trouxéronnos un  anaquiño do seu país, Colombia.

Primeiro léronnos o libro "O doce sabor da alegría", onde as  Palenqueras fan unha sobremesa  cos seguintes ingredientes : coco, cana de azucre e... moita ALEGRÍA !!!.

           VÍDEO                                                                                  CONTO






















E para rematar,  vestimonos co traxe típico de Colombia.
Mirar que guapos e guapas estamos.