viernes, 29 de marzo de 2019

ABRIMOS NOS RECREOS

A partir do luns 1 de abril, abriremos a biblioteca na hora do recreo.
Cada día haberá diferentes actividades:

Luns: Xogos de mesa.
Martes: Pasatempos.
Mércores: Papiroflexia.
Xoves: Club de lectura. (Alumnado 5º  e 6º de primaria).
Venres: Escritura e debuxo creativo.

Aquí temos as caixas preparadas con todo o material necesario.
Será o voluntariado bibliotecario o encargado de supervisar as diferentes actividades, acompañados sempre por unha mestra.




jueves, 28 de marzo de 2019

CHEGOU O GRAN DÍA

O mércores 27 de marzo, o alumnado de 4º de Primaria , colleron os seus tambores  e vestidos de vigueses e viguesas (e algún que outro francés)  marcharon polas rúas do Casco Vello de Vigo.






















miércoles, 27 de marzo de 2019

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


 Os nenos e nenas de 2º e de 5º de primaria, tiveron a gran sorte de pasar un bo rato co autor de "Poemar o Mar" (Premio Nacional de Literatura infantil 2017) e de "Paseniño, paseniño".



No seguinte vídeo podedes ver que ben recitan e rapean poesías .






































sábado, 23 de marzo de 2019

UN SORBO DE POESÍA

A semana do 18 ao 22 celebramos a semana da poesía.
Este ano imos facer un concurso de poemas, ven individualmente ou por aula.
Os poemas e rimas serán colocados nos "vasos" que están na entrada principal para que todo o mundo que o desexe, poida darlles un sorbo.


Animádevos a participar!!!











Na biblioteca tendes unha pequena exposición de libros de poesía para que vos sirvan de inspiración.







Tamén os nenos e nenas de 5 anos, fixeron un "borboriñador" para susurrar poesías .





ENCONTROS PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (PLAMBE)

O venres 22, tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os encontros dos centros pertencentes ao  PLAMBE.
Este ano, centrámonos na importancia de crear nos nosos centros unhas bibliotecas inclusivas, que dean cabida a todos e todas, sen facer ningún tipo de distincións.
Tamén  a importancia das bibliotecas creativas .
Mans a obra!!!














viernes, 22 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DA AUGA

PREME NA IMAXE PARA SABER MÁIS
Mensaxe do Secretario Xeral de Nacións Unidas, António  Guterres Día Mundial da auga 2019



A auga é vital para a supervivencia e, xunto co saneamento, axuda a protexer a saúde pública e ambiental. Os nosos corpos, as nosas cidades e as nosas industrias, a nosa agricultura e os nosos ecosistemas dependen diso.

A auga é un dereito humano. A ninguén se lle debe negar o acceso. Este Día Mundial da auga trata de defender este dereito para todos, sen deixar a ninguén atrás.

Hoxe en día, 2.100 millóns de persoas viven sen auga potable debido a factores como o status económico, o xénero, a etnia, a relixión e a idade. As crecentes demandas, xunto cunha mala xestión, aumentaron a tensión  hídrico en moitas partes do mundo. O cambio climático está a sumarse dramaticamente á presión. Para 2030, estímase que 700 millóns de persoas en todo o mundo poderían ser desprazadas pola intensa escaseza de auga.

Debemos fomentar a cooperación para facer fronte á crise mundial da auga e fortalecer a nosa capacidade de resistencia para os efectos do cambio climático para garantir o acceso á auga para todos, especialmente para os máis vulnerables. Estes son pasos vitais cara a un futuro máis pacífico e próspero. A medida que nos esforzamos por alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, debemos valorar os recursos  hídricos e garantir a súa xestión inclusiva se queremos protexer e utilizar este recurso vital de maneira sustentable en beneficio de todas as persoas.


Neste vídeo feito por TAFUCCA PRODUCCIONES podemos ver a importancia de coidar e protexer  os nosos mares, para garantir a supervivencia de todas as especies que viven nel e poder disfrutar destas paisaxes tan fermosas.










jueves, 21 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

PREME NA IMAXE 


Bosques e educación. Aprende a amar o bosque.

Cada 21 de marzo, as Nacións Unidas renden homenaxe á importancia de todos os tipos de bosques e tenta xerar unha maior conciencia respecto diso. Este ano, o Día Internacional dos Bosques destaca a educación como un medio indispensable para aprender a amar o bosque, e apunta á súa importancia para lograr unha xestión sustentable das zonas forestais e avanzar na conservación da biodiversidade. Os bosques sans axudan a crear comunidades fortes e resistentes e aumentan a prosperidade das súas economías.





Aquí tendes unha unidade para 3º de Primaria en inglés.








miércoles, 20 de marzo de 2019

RECONQUISTA DE VIGO





O 28 de marzo celébrase a Reconquista de Vigo. Se queres saber máis, preme na imaxe do cartel deste ano.





Tamén neste vídeo explícase dunha forma moi sinxela.






 Na biblio temos o libro de Os Bolechas :







                                                            












O alumnado de 4º de Primaria como veñen facendo nestes últimos anos, participarán o día 27 na Reconquistiña. 
É unha iniciativa da asociación do Casco Vello e colaboración do concello de Vigo.





Poden elixir entre ir vestidos como franceses ou como vigueses.


Traxe típico vigués/a:
























































Os nenos e nenas desfilan polas rúas vestidos de época e con uns tambores feitos en colaboración coas familias.
Aquí podedes ver como se preparou a festa.








E tí, de que te vas vestir...... De francés ou de vigués/a?




lunes, 18 de marzo de 2019

MARÍA REIMÓNDEZ

BIOGRAFÍA


Hoxe o alumnado de 4º de primaria, disfrutaron da visita de María Reimóndez e tamén de Lía e as súas zapatillas de deporte.