jueves, 19 de diciembre de 2019

LIBROS NADAL

Como en anos anteriores, dentro do Proxecto Lector da nosa escola, traballarase con dous libros (itinerarios lectores).
Trátase de fomentar o desfrute da lectura e polo tanto ampliar a competencia lingüística do noso alumnado.

Aquí tendes os libros elexidos este ano e que empezaremos a traballar á volta de vacacións de Nadal.


1º PRIMARIA










2º PRIMARIA







3º PRIMARIA






4º PRIMARIA






5º PRIMARIA







6º PRIMARIA















martes, 10 de diciembre de 2019

UN NADAL DE TRADICIÓNS





 Seguindo co tema das tradicións, ahí tendes un enlace onde podedes traballar tradicións do Nadal como cantar os Reis, cantos e contos de Nadal, gastronomía...



https://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/navidad/carta_reyes/cantosdereis1.php






 ACTIVIDADES LIM:

http://chiscos.net/almacen/lim/nadal/nadal.html







miércoles, 4 de diciembre de 2019

BIBLIOTECA X. NEIRA VILAS

Xa empezaron as visitas á Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas.
Aquí temos aos nenos e nenas da clase de 5 anos B traballando contos diversos sobre os xogos olímpicos e as Olimpiadas.
Aprenderon o funcionamento da biblioteca e entre todos e todas fixeron os 5 aneis de cores.










E despois...un ratiño de lectura libre.










Agora tócalle aos nenos e nenas de Infantil 4B. Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron.









martes, 3 de diciembre de 2019

viernes, 29 de noviembre de 2019

Se non tendes plan para esta fin de semana, aquí tendes unha boa proposta. Ademais pretiño do noso cole.
No hay descripción de la foto disponible.



En Pontevedra (Pazo da Cultura), tamén podemos visitar a Culturgal.
Aquí vos deixo o enlace  co programa.

https://culturgal.moncake.com/files/culturgal/2019/11/FolletoProgramaInfantilCulturgal2019.pdf





domingo, 24 de noviembre de 2019

70 ANOS DE TRADICIÓNS

Este venres día 22 de novembro, celebramos o 70 Aniversario do noso cole.
Nos corredores dos dous edificios fixéronse diferentes exposicións onde se pode ver  fotografías, maquetas, traballos feitos polo alumnado e obxetos relacionados coa ensinanza.
Na entrada do edificio novo, e aproveitando o tema elexido para traballar este ano ("As nosas tradicións"), colocouse unha exposición que como ben titulou un xornal galego: 2Del tintero a la tableta en 70 años".


ANTES
AGORA






Aquí podedes ver unha parte das exposicións:










Na entrada da biblio, tamén fixemos un pequeno percorrido por estos últimos 12 anos. Puxemos fotos coas temáticas elexidas para traballar dende o ano 2007.








Dúas aulas do noso cole, van levar o nome de dous escritores moi coñecidos por nós: Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro.
Fíxolles moita ilusión que contaramos con eles para poñerlles o nome a estas aulas.














Unha antiga mestre do cole (Chelo :"inglés"), quixo facer un vídeo sobre O Pombal. 






A PRENSA FAISE ECO DA CELEBRACIÓN: